Amigus
As Pontes

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 19 – CRAT CORUÑA B 24

Os verdes consiguen un punto insuficiente ante o cadro herculino

O Fendetestas pontés de rugbi caeu este domingo á maña no seu campo de Monte Medulio no encontro que o enfrontaba ao Crat B por 19-24.

Os herculinos marcharon ó descanso con 0-12, e nos comezos do segundo período pese ao ensaio de Pablo puxeronse 5-19, e co posterior ensaio de Miguel e transformación de Robert, replicaron ata o 12-24 mediado o período.

Non desistiron os verdes ata os últimos minutos e un ensaio e posterior acerto entre paus de Robert certificaron o definitivo 19-24 que conlevou a que os ponteses sumaran o bonus defensivo. 

A clasificación queda liderada por Ferrol e Os Ingleses con 39 puntos, seguidos de Crat B 24, Coreti Lalín 19, Pontevedra 8 e Fendetestas 7.

Como na derradeira xornada os verdes visitan ós Ingleses e o Pontevedra ó Ferrol, equipos que se xogan a Liga, todo indica que por abaixo a cousa quedará tal como está e os de Joel terán que xogar o play off de salvación. 

Xogaron Antón, Andrés, Pablo, Toño, Robert, Senen, Antonio Gómez, Iván, Roberto Río, Xose, Rafael, Alejandro, Asier, Miguel e Ansumana, entrando despois Ángel, Óscar, Antonio Franco, Roberto García e Javier. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios