PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. OS INGLESES RC 104 – CR FENDETESTAS 5

Os ponteses xogarán o play off de descenso

Contundente derrota do Fendetestas na súa visita a Vilagarcía onde caeron ante Os Ingleses, que se xogaban a Liga, por 104-5. O encontro xa marchaba 57-0 ó descanso e o ensaio da honra anotouno Antonio. 

O Ferrol gañou 81-0 ó Pontevedra e remata a Liga cos mesmos puntos que os de Vilagarcía, 44, pero por diante. Con 28 queda o Crat B, 20 para Coreti Lalín, 8 para Pontevedra e 7 para Fendetestas.  

Os tres primeiros equipos xogarán unha liguiña para o play off de ascenso e os tres últimos para o de descenso. 

Xogaron Ramón, Anxo, Antón, Andrés, Nathan, Toño, Robert, Senén, Antonio Gómez, Marco, Roberto Río, Xose, Rafael, Miguel, Ansumana e Roberto García.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios