Amigus
As Pontes

PRIMEIRA ESTATAL. FENDETESTAS 5 BELENOS AVILÉS 50

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Fendetestas volveu amosarse impotente para acadar a tan desexada primeira victoria na liga estatal. Non era empresa doada diante dun rival que ven de división de honra B, e que non se podía permitir ningunha confianza se quere recuperar a categoría.
Ó final o Belenos, de Avilés, impúxose por un 5-50 que se fraguou no último tramo.
fendetestas_001.jpg


Na contra do que di o resultado, o partido foi moi disputado, anque os asturianos controlaron ben o encontro na primeira metade facendo funcionar mellor á súa dianteira, malia que a posesión do oval nas xogadas pontesas poñíanos en apretos esixindo moito á liña de tres cuartos.
Logo fallaba a definición, e volvía facerse patente a diferencia de calidade á hora de concretar os achegamentos á zona de marca.
Ós da casa, sen saltadores en touche, non lles quedou outra que xogar á man mesmo dende campo propio, e, cando menos isto fixo que o intenso, e inagardado desgaste defensivo ó que se viron sometidos os visitantes foi facendo mella nestes.
Deste xeito a primeira metade acababa cun 0-27, despois de que os verdes malograran varias ocasións de puntuar de ter empregado a baza dos golpes a paos.
A segunda parte, coa entrada de homes de reserva no Belenos, máis frescos, pero con menos experencia, equilibrouse, e o choque convertíase nun toma e daca de ámbolos dous conxuntos.
Co partido xa nunha fase de igualdade veu o ensaio de Antón cadrando cunha mellora no traballo dos dianteros, xa máis engranados, e incisivos, e menos impoñéndose en melé.
A partir dos dez minutos acabáronse as esperanzas de acadar un resultado máis axustado, cando Manolo se tivo que retirar lesionado, ó que se sumaría só cinco minutos máis tarde Huesy, que aguantou no campo, anque trocando o seu posto á ala, e tendo que volver recompoñer o equipo.
Con superioridade numérica, os avilesinos non desaproveitaron a circunstancia e fóronse no marcador ata un resultado máis acorde coas diferencias reais de expectativas de uns e outros.
Agora, o Belenos xogarase prácticamente o título da categoría a semana que ven diante do CRAT, e os ponteses esgotarán as súas últimas oportunidades de permanencia en Lalín.
O técnico local confía na recuperación de efectivos, algúns dos cales mesmo foran reservados para non forzar nun enfrontamento que era pouco dado ás sorpresas.
Xogaron o sábado: Basoa, Moncho, Peque, Nico, Paco, Miguel, Barbas, Rayito, Kiko, Huesy, Toño, Antón, Manolo, OPX, e Álvaro.
Nova cortesía de Xóse Cendán e A.F.
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios