PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: O BUEU ROMPEU A BOA RACHA DO ESTEO (6-1)

O Esteo non tivo o seu día no primeiro partido do ano, sobre todo na segunda parte, na que saíron durmidos e foron superados polo Bueu, que neste segundo período saltou á pista con gañas de vitoria. A primeira parte estivo moi igualada, pero con poucas ocasións de gol, xa que as defensas dos dous conxuntos estiveron firmes no seu cometido. Tralo descanso, ó que se chegou con vantaxe local dun gol a cero, o encontro cambiou, cun Bueu decidido a quedarse cos tres puntos e ós catro minutos xa gañaba por 3-0, o terceiro marcado en propia meta por Gerardo. A partir de aí os ponteses presionaron, pero as súas ocasións eran desbaratadas pola defensa e o porteiro do Bueu. Se isto non fora pouco, as lesións de Santi e Rubi e a que Anxo non estivo ó cen por cento a consecuencia dunha gripe, o conxunto pontés veuse minguado de efectivos para poder aguantar os ataques locais. O gol de Noé semellaba que o Esteo podería ter posibilidades no encontro, pero dous novos tantos do Bueu sentenciaron o encontro e os tres puntos quedaron na casa.
O Esteo continúa na terceira posición a sete puntos do líder, Mosteiro Bembrive de Vigo, que visita As Pontes na vindeira xornada.


A.D. BUEU: Dani, Adri, Ramón, Noel, Esteban –cinco inicial- Rafa, Jacinto, Samu, Diego, Bertiño e José.
O ESTEO FS: Javichu, Santi, Anxo, Gerardo, Noé –cinco inicial- Fran, Rubi, David e Pellón.
ÁRBITROS: Otero Baltasar e Mouco Varela (Pontevedra). Tarxeta amarela a Diego, do Bueu, e Noé e Fran, do Esteo.
GOLES: Min. 16 (1-0), Noel. Min. 23 (2-0), Esteban. Min. 24 (3-0), Gerardo (en propia porta). Min. 31 (4-0), Adri. Min. 32 (4-1), Noé. Min. 33 (5-1), Noel. Min. 36 (6-1), Rafa.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios