Proba varios CMS para acertar na túa elección

Lendo agnix.org:
“Elixir axeitadamente un CMS (Content Management System, sistema xestor de contidos) é unha tarefa esencial xa que dela vai depender a nosa infraestrutura web durante unha boa cantidade de tempo. Non se troca de CMS acotío senón en periodos de tempo máis ben longos, está claro.”…


…”Un comentario de Susana ao artigo Elixindo un Xestor de Contidos aparecido hai tres dias sinala un sitio web que che deixa probar moitos CMS libres e/ou de código aberto para que a túa selección sexa a máis acertada.
OpenSourceCMS dache a oportunidade de probalo antes de instalalo. Es benvido coma administrador de calquera CMS para que podas manexalo, xestionalo… durante dúas horas. Isto permíteche instalar ou borrar contidos, trocar a súa apariencia e tódalas demais tarefas típicas dunha administración de CMS. “…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios