Producir, espallar, localizar… software en galego

Lendo agnix.org:
“As concellarías de Política Lingüística e Relacións Veciñais, Educación e Mocidade, Cultura e Promoción Económica, Emprego e Comercio do Concello de Santiago de Compostela vén de comunicarnos que haberá a xornada de traballo Producir, espallar, localizar… software en galego que vai ter lugar o venres 29 de setembro a partir das 10 hs no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal (rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16).”…


…”Esta iniciativa que conta coa colaboración do proxecto mancomun.org, pretende converterse nun punto de encontro no que analizar a situación da localización de software e da produción de software propio en Galicia desde diferentes parámetros (promotores, utilidade, extensión de uso, materiais complementarios…), contrastar diferentes experiencias de localización/produción de software e coñecer de primeira man a política ao respecto das diferentes áreas do goberno galego con competencias no tema. “…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios