Proxectos OpenSource alternativos ao Mac Media Center

Lendo mancomun.org:
“En NewsForge veñen de publicar unha revisión sobre dous recentes proxectos open source alternativos ao Mac Media Center. Trátase de iTheater e CenterStage que engaden ao Front Row de Apple compatibilidade hardware, características adicionais e a dispoñibilidade do código fonte.”…


…”iTheater foi lanzado en xaneiro de 2006 e é o máis recente dos dous. A versión actual é a 0.1.2a mais xa conta con tódalas funcionalidades básicas implementadas. Soporta reprodución de DVD, reprodución de ficheiros de vídeo, reprodución e exploración de ficheiros de música e presentación de fotos. Require un procesador G3 ou superior en o OS X 10.3 ou posterior.
Emprega as aplicacións “iLife” para a reprodución dos arquivos multimedia; iTunes, iPhoto e QuickTime, co que obteñen unha aplicación máis lixeira, segundo din os seus desenvolvedores.
CenterStage comezou a se desenvolver en Xaneiro de 2005. A versión actual soporta reprodución de vídeo e música e exploración de fotos. Empeza a ter soporte para gravación de radio FM e TV co hardware Griffin RadioShark and EyeTV. Require un procesador G4 ou superior e o OS X 10.4.5.
Como o iTheater, emprega as librerías do sistema para a reprodución dos arquivos multimedia. Para encher o oco do organizador de vídeo iLife, desenvolveron unha aplicación aparte chamada BackStage que permite engadir ou eliminar cartafois onde buscar os ficheiros das películas. Desafortunadamente, aínda non ten soporte para a reprodución de DVD.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios