Que fai GNU/Linux que provoca tantos celos nos demais?

Lendo agnix.org:
“Abriron un curioso fío de discusión en reddit (inglés) co título “Que pode facer GNU/Linux que provoca os celos doutros sistemas operativos?” (What’s the most unique thing your linux box does that makes other OSs jealous?”…


…”Hai unha morea de respostas e réplicas onde atopas moitos sarcásticos. Velaquí unhas mostras:
* Sen Virus
* adaptación/modificación absoluta
* efectos gráficos sen contar cunha super-gpu (unidade de procesamento gráfico)
* fai o que eu quero, non o que outros queren que faga
* Linux ten repositorios de software
* Linux apágase cando eu quero
* uptime: +256 dias (uptime refírese ao tempo que pode estar funcionando de seguido)
* é quen de traballar sen monitor, rato nin teclado e, aínda así, segue facendo o que eu quero
* é libre
* etc.
E para ti que cres que provoca máis ciumes?”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios