Quinta convocatoria de Enrique Fornos coa selección galega cadete. Tres xogadores do As Pontes convocados coa selección de Ferrol xuvenil

A selección galega cadete sub16 xogará este mércores ás 17:00 un partido de preparación fronte a unha selección ferrolá xuvenil escollida para a ocasión e na que estarán presentes tres xogadores azuis, o medio centro Juancito e os dianteiros Javi e Magi. O encontro xogarase no campo de O Val.
O seleccionador galego, Anxo Doval, convocou a 20 xogadores dos que sairán os 18 que xogarán a primeira Fase do Campionato de España dentro de dúas semanas.
A destacar na convocatoria ó recente internacional sub16, o medio centro Hugo Pintos, e ademáis de Enrique, que suma a súa quinta convocatoria, máis unha do ano pasado, tamén acode o xogador de Fene Alberto Leiras. Na sub18 estarán Pablo Ramos e Juan Rodríguez que se enfrontarán ó todopoderoso Racing de Ferrol, líder intratable da Terceira División.


A convocatoria sub16 é a seguinte:
Real Club Deportivo da Coruña: Enrique Fornos, Aarón Sánchez, Alberto Leira, Pablo Cacharrón, Alejandro Rey.
Real Club Celta de Vigo: Hugo Pintos, Álvaro Fernández, Iván Villar, Rubén García
ED Val Miñor: Gabriel Domínguez, Roberto Doncel, Diego Pérez.
CD Areosa: Martín Fuentes, Antón Alonso
CD Lugo: Edgar Redondo
Pontevedra CF: Jose Filgueira
Montañeros BG: Pape Diop
CD Conxo: Brais Ageitos
Orillamar SD: Asier Santalla
Arousa SC: Jorge Fontán
A convocatoria da selección de Ferrol xuvenil é a seguinte:
Racing de Ferrol: Jesús Ángel, Alex Durán, Alex Pita, Iago de Diego, Borja Bello, Jorge Díaz, Óscar Ares.
Galicia de Caranza CF: Rafael Alonso, Adrián Priegue, Yeray Garel, Yeray Daza
SD O Val: Jose Fernández, Marcos Rivero, Ricardo Gutiérrez
CD As Pontes: Juan Prieto, Javi Rodríguez, Magdiel Ribeiro
Eume Deportivo: Tomás Vilariño
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios