RAID GALLAECIA ARWS 2017

A proba comezaba hoxe coa saída dende a Praza do Carme.

Esta mañá comezaban na Praza do Carme as World Series Raid Gallaecia 2017, de carreiras de aventuras.

Participan 27 equipos, dez españois, seis franceses, dous suecos, e un equipo estadounidense, noruego, finés, danés, checo, suizo, estonio, sudafricano, e incluso un conxunto kuwaití.

Entre eles está o Tracktherace.com Team, con Felipe Peña, David Castro, Lucas Freire e Mariana Pontes.

Isto, na carreira longa de catro participantes por equipo. Tamén hai cinco conxuntos por parellas, catro estatais e un británico.

Os conxuntos percorrerán preto de 500 kilómetros, facendo diversas disciplinas, coma bicicleta de montaña, kaiak, trekking, coastering, e probas especiais de cordas.

Está previsto que este xoves chegue o primeiro equipo á meta, tamén en As Pontes, pechándose a carreira o vindeiro sábado coa chegada de tódolos equipos, coa cerimonia de entrega de premios, e a posterior cea.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios