RAQUEL E MALENA GAÑAN A COPA DEPUTACIÓN CO DEPORTIVO

O equipo branquiazul venceu por segundo ano consecutivo

As xogadoras pontesas do Deportivo, Malena Mieres e Raquel Béjar, gañaron no día de onte a Copa Deputación da Coruña, por segundo ano consecutivo, tras superar o Deportivo ó Victoria herculino por 3-0 no Campo de Vista Alegre, en Ordes.

As branquiazuis chegaron á final tras vencer sucesivamente a Orzán (0-18), Victoria de Santiago (0-8) e Tordoia (0-9). Revalidan o título conquistado o ano anterior, cando gañaran 7-0 na final ó Val de Mireia Cabarcos, Andrea Montero e Noelia Castro.

Acompañou ó equipo Nuria Rábano, recente Campiona de Europa Sub19 en Irlanda do Norte, que tivo que abandonar a selección no segundo encontro da primeira fase por lesíon, torneo que acabaría gañando España tras superar a Holanda en semifinais e a Francia na final, en ambos casos por 3-2.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto RC Deportivo

También podría gustarte
Comentarios