Red.es creará unha fundación para promover o Software Libre

Lendo agnix.org:
“O pasado venres 28 de xullo, a proposta do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o Consello de Ministros acordou autorizar ó ente público Red.es a constitución da “Fundación CENATIC” que coordinará, potenciará e administrará o “Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxias da Información e Comunicación” que terá sede en Almendralejo, Badajoz.”…


…”Fontes do citado ministerio sinalaron que o novo CENATIC contribuirá a “posicionar o estado español como referencia no ámbito das novas tecnoloxías baseadas en Software Libre e favorecerá o desenvolvemento do tecido industrial competente en tecnoloxías da información”, promovendo o coñecemento do Software Libre na administración e nos diferentes sectores de actividade.
A inversión prevista para o desenvolvemento de actividades durante o período 2006-2007 chegará a un total de 3 millóns e medio de euros aportados polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o ente público Red.es e a Xunta de Estremadura.”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios