REMATOU A COMPETICIÓN DE FÚTBOL DE VETERANOS CO MOBLES EUME RENOVANDO O TÍTULO DE COPA

Con anterioridade o Fisioterapia DC-HIM&HER lograra o título de liga

Esta fin de semana disputáronse as semifinais e a final da copa do fútbol de veteranos de As Pontes, título que acadou por quinta vez o Mobles Eume.

Os clasificados na quinta praza da fase de grupos, Bar Xardín e Electricidad J&O, disputaron a final de consolación, con triunfo do primeiro por un solitario gol anotado por Cabanela.

Claro e contundente o triunfo por 7-0 de Mobles Eume na final contra Mesón A Cepa, equipo que non foi o mesmo có da semifinal do sábado, gañando a Galiorient por 4-1. Pola súa banda, o Mobles Eume superou claramente a La Galaxia por 7-2.

Os sete tantos dos mobleiros foron anotados por Martín, Piña, Diego, Lucho (2), Miguel e Villa.

Despois da final disputada no campo do Poboado realizouse no LAR a entrega de trofeos e distincións, así como a Rodrigo Fornos, árbitro que foi de toda a tempada. Fixeron entrega dos galardóns membros da organización da competición e o concelleiro de Deportes pontés, Jesús Tembrás.

Rematou así a temporada 2016/17 de fútbol veterano pontés co Fisioterapia DC-HIM&HER como campión de Liga e o Mobles Eume como gañador da copa.

GALARDOADOS TEMPADA 2016/17

Campión de Liga FISIOTERAPIA DC-HIM&HER
Campión de Copa MOBLES EUME
Subcampión de Copa MESÓN A CEPA
Máximo goleador IVÁN FERREIRO (Fisioterapia DC-HIM&HER)
Equipo menos batido MOBLES EUME

PALMARÉS DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES

CAMPIONATO DE LIGA

2009/10 CONSTRUCCIÓNS GUERREIRO
2010/11 SANTABALLÉS
2011/12 MOBLES EUME
2012/13 SANTABALLÉS
2013/14 BAR XARDÍN (antigo Santaballés)
2014/15 MOBLES EUME
2015/16 SANTABALLÉS
2016/17 FISIOTERAPIA DC-HIM&HER

CAMPIONATO DE COPA

2009/10 FARMAVIDA
2010/11 MOBLES EUME
2011-12 MOBLES EUME
2012/13 AS PONTES 74
2013/14 MOBLES EUME
2014/15 AS PONTES 74
2015/16 MOBLES EUME
2016/17 MOBLES EUME

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios