​ACTUACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NA REGATA INFANTIL BAITRA DE BAIONA

O Club de Vela Fluvial As Pontes desplazou a esta cita ós seus 5 regatistas da clase Optimist Javier Martínez, Carla Pérez, Carmela Docampo, María Lefler e Carlos Lefler, sendo estos tres últimos debutantes en competición.

Un total de 47 regatistas de clubs de Galicia e norte de Portugal déronse cita esta fin de semana en Baiona para a disputa do Trofeo Baitra de vela infantil, para as categorías A, B e C, unha das citas anuais más importantes da vela de base en Galicia, organizado polo Monte Real Club de Yates co patrocinio da empresa baionesa Baitra Accesorios Navales.

O Club de Vela Fluvial As Pontes desplazou a esta cita ós seus 5 regatistas da clase Optimist Javier Martínez, Carla Pérez, Carmela Docampo, María Lefler e Carlos Lefler, sendo estos tres últimos debutantes en competición.

A xornada inaugural do sábado disputouse baixo un precioso sol de primaveira, pero cun vento que dificultou bastante a navegación dos xoves regatistas. As previsións indicaban que soplaría con cierta intensidade, pero tras a celebración das dúas primeras mangas empezou a caer e impidiu que se completasen las otras dos mangas que o comité de regatas tiña previstas para o sábado.
Pese a elo, as duas probas disputadas en sábado permitieron ir definindo un podium provisional no que los clubs vigueses tiñan o máximo protagonismo. Na categoría A lideraba provisionalmente a clasificación Adriana Pérez Canal, de 12 anos; en categoría B Liang Jane García, de 11 anos, ambas do Club Marítimo de Canido; e en categoría C Tiago Vecino, de 10 anos, do Real Club Náutico de Vigo.

Na segunda e derradeira xornada do domingo a ausencia de vento na bahía baionesa obligou ó comité de regatas a suspender as mangas previstas polo que as puntuacións das duas mangas celebradas na xornada inicial do sábado serviron para diseñar a clasificación xeral final do campeonato.

En Optimist A, ademáis de Adriana Pérez Canal (CM Canido), resultaron gañadores Paula da Rocha (CM Canido) e Diogo Lima (Vilanova da Gaia); en Optimist B, o podio conformárono Liang Jane García (CM Canido), Rita Pinto (Vilanova da Gaia) e Helena Pérez Canal (CM Canido); e en Optimist C, Tiago Vecino (RCN Vigo), Pablo Marquina (MRCY Baiona) e Inés Ameneiro (RCN Vigo) leváronse o ouro, a prata e o bronce respectivamente.

Adriana Pérez Canal, do Club Marítimo de Canido, foi a auténtica protagonista do trofeo Baitra deste ano. Esta pequena gran regatista, filla dun vello coñecido da vela en Galicia como é Luis Pérez Canal, armador e patrón do Aceites Abril, subiuse ó podio ata en tres ocasións. Recibiu o ouro na súa categoría A, o premio á mellor regatista femenina de Optimist e o galardón de gañadora da xeral da clase.
Os regatistas ponteses ocuparon as siguientes posicións: Javier Martínez, 27º da xeral e 12º da categoría A; Carla Pérez, 33º da xeral e 18º da categoría A; María Lefler, 37º da xeral e 21º da categoría A; Carlos Lefler, 39º da xeral e 11º da categoría B; e Carmela Docampo 42º da xeral e 13º da categoría B.

As vindeira citas competitivas para o Club de Vela Fluvial As Pontes son o Campeonato Galego da clase Vaurien, da que serán anfitrións na XVIII Regata Vila de As Pontes que se celebrará no lago de As Pontes os vindeiros 16, 17 e 18 de xuño; así como a VIII Regata de Vela Lixeira Ría de Ferrol para a clase Optimist que se disputará o 8 e 9 de xullo.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes
Fonte: Monte Real Club de Yates de Baiona
Fotos: Rosana Calvo

También podría gustarte
Comentarios