Amigus
As Pontes

Reproductor MP3 do tamaño dunha tarxeta de crédito

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo idg.es:
“Creative presentou o reproductor MP3 MuVo Slim, un peso pluma entre este tipo de dispositivos, con 256 MB de memoria interna, capaces de almacenar catro horas de música en formato MP3 e oito en WMA.”…

muvo_slimpix2.jpg


…”MuVo Slim reproduce arquivos musicais en formatos MP3 e WMA, conta cun sintonizador de radio FM e micrófono integrado, e unha conexión USB 2.0. Gracias á gran velocidade de transferencia deste porto, pode transferir unha canción por segundo, sen necesidade de utilizar un software adicional.
O dispositivo MuVo ten un sintonizador de radio FM con 32 presintonías que permite gravar directamente dende o reproductor. Ademáis, conta cun ecualizador SRN de 90 dB co que se obten unha boa calidade de son que se pode utilizar cunha das súas catro configuracións definidas ou persoalizar mediante un ecualizador gráfico de cinco bandas. Ademáis de reproducir música, con este micro pódense gravar ata 16 horas de conversación para engadir notas ou comentarios a presentacións, fotografías ou documentos de texto.
Para manexar e controla-las diferentes opcións MuVo conta cunha pantalla LCD con retroiluminación azul que se controla a traveso dun botón co que se pode navegar entre os diferentes menús e modos de reproducción. Para a súa alimentación o reproductor ten unha batería extraíble e recargable a traveso da propia conexión USB, cunha autonomía de 17 horas. O dispositivo está dispoñible a un prezo de 199,9 euros.
Teléfono: 693 703 158
creative.com
Fonte: idg.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios