RESULTADOS DO CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NO 53º DESCENSO INTERNACIONAL DO MIÑO

O pasado domingo día 12 celebrouse a 53ª edición do descenso do Miño con un percorrido de 17 Kms. con saida nos Peares ata a presa de Velle en Oira.

20

Contou ca participación de 435 padexeir@as representando a 33 equipos.

7 padexeir@s  ponteses desprazaronse a Ourense,  cos seguintes resultados:

  • Celia Durán Iglesias acadou o primeiro posto no K-1 muller xuvenil.
  • Antón García Bellas e Pablo Vispalia Díaz clasificaronse en 1ª posición no K-2 home xuvenil.
  • Xalo García Paz acadou o 19º lugar no K-1 home cadete.
  • Na categoría veterán Antonio Polo Campello acadou o 1º lugar, Ernesto Gancedo Herreras o 8º lugar e José Manuel Ferreira Casanova clasificouse no 15º posto.

Por clubes o Grupo Xuvenil acadou o 18º lugar entre os 33 clubes participantes.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios