RESULTADOS DO CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NO CAMPIONATO GALEGO DE SPRINT CATEGORÍA XUVENIL
O sabado día 18 celebrouse no embalse De Pontillón de Castro (Verducido) o campeonato galego de pista sobre as distancias de 500 m e 1000 m. que contou ca participación de 500 padexeir@as representando a 21 equipos.
6 padexeir@s ponteses desprazaronse a Verducido, con excelentes resultados:
– Ada Fernandez Pita rematou no segundo posto no K-1 500 m muller xuvenil.
– Celia Durán Iglesias acadou no terceiro posto no K-1 500 m muller xuvenil
– Antón García Bellas e Pablo Vispalia Díaz clasificaronse en 8ª posición no K-2 500m home xuvenil.
– Inés Dominguez, Celia Durán, Ada Fernandez e Inés Roche acadaron nun 3ª posto na final do k-4 500 m muller xuvenil.
– No K-2 500 m Celia Durán e Ada Fernández acadaron nun 2ª posto.
– No K-2 500 m Inés Dominguez e Ines Roche remataron en 5º posicición.
– Celia Durán e Pablo Vispalia conseguiron a medalla de plata no k-2 mixto 500 m. por diante de Antón García e Ada Fernández que chegaron terceiros.
Por clubes o Grupo Xuvenil acadou o 3ª lugar na categoría femenina entre os 21 clubes participantes e na clasificación masculina quedaron nun 18ª posto.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil