Resultados do clube Náutico Folixa co barco dragón
II festival del anochecer barco dragón. Trasona, Asturias.
O Náutico Folixa participou a pasada fin de semana no “II FESTIVAL DEL ANOCHECER BARCO Dragón” no encoro de Trasona, Asturias.
As rapazas do Folixa conseguiron a segunda praza na categoría BCS (supervivientes de cancro de mama).
O Folixa competía tamén na categoría Open, acadando a 6ª praza.
A competición, organizada polo clube Asturias Dragon Boat, prolongouse dende as 19.00 ata as 21.00, en tandas de mil metros con ciaboga por equipos e en remudas. A xunta da noite deu unha especial vistosidade ás regatas, pois os barcos levaban adheridas superficies fluorescentes que refulxían sobre das augas do encoro de Trasona.
Nova cortesía do clube Náutico Folixa.