Amigus
As Pontes

Resultados do Grupo piragüismo Xuvenil

Campionato Galego de fondo, Muiños

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este sábado,día 22, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazábase ata o concello ourensá de Muíños para disputar o Campionato Galego de fondo en categorías xuvenil,sub23,senior e veterán.

Os locais desprazaron a 8 padexeir@s, con resultados dispares nun día típico de inverno, frío, chuvioso e ventoso.

Na categoría veterán, na franxa de idade de 40 a 44 anos o club conseguía colocar dous padexeiros no podio, Adrián Paz conseguía un brilante triunfo non dando opción os seus rivais que nunca estiveron cerca de él, e José Ángel Pico acadaba un traballado terceiro posto nun apretado sprint co segundo e cuarto clasificados.

Xa na franxa de idade de 45 a 49 anos, o club conseguía vencer outra vez, e Jose Antonio Menéndez era décimo primeiro.

E por último na categoría de 50 a 54 anos Ernesto Gancedo ocupaba o 8º posto.

Xa nas categorías de menos idade , en categoría home xuvenil Xalo García era o 43º, posto que repetiría Carmen Alén en muller xuvenil.

Xa en categoría muller sub23 Celia Durán acadaba o posto décimo segundo.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios