Resultados do Grupo Xuvenil de As Pontes no Campionato de España de xovenes promesas de Piragüismo
Os días 17 e 18 de abril disputouse en augas do lago de Bañolas (Girona) o Campionato de España de xovenes promesas de Piragüismo.
Nunha proba cunha altísima participación de padexeiros e clubes de toda a xeografía española as padexeiras pontesas de categoria cadete acadaron os seguintes resultados:
- Ada Fernández Pita 8ª clasificada
- Inés Domínguez López 31ª clasificada.
Anteriormente nos Campeonatos galegos de xovenes promesas disputados no embalse de Muiños ( Ourense) o pasado 3 de Abril @s palistas ponteses acadaron os seguintes resultados:
Cadete muller K-1:
- Ada Fernández Pita 2ª Clasificada de Galicia
- Inés Domínguez López 13ª clasificada
Infantil A home k-1:
- Xalo García Paz 53º clasificado
Infantil B muller K-1:
- Antía García Pico 24ª clasificada
- Carmen Alén Bellas 37ª clasificada
- Nerea Tojeiro Tojeiro 45ª clasificada
Nova cortesía do Grupo Xuvenil