RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL DE PIRAGUISMO NO LII CAMPEONATO DE ESPAÑA DE INVERNO

A pasada fin de semana celebrouse en Sevilla o Campeonato de España de inverno para as categorías xuvenil, senior e veteráns.

O equipo das Pontes  desprazou cinco padexeiros, os cales acadaron os seguintes resultados:

Na xornada do sábado disputánrose as eliminatorias e na categoría home xuvenil  Pablo Vispalia Díaz non logrou clasificarse para a final quedando no 46º lugar entre os 84 participantes na eliminatoria. No k-1 muller xuvenil Celia Durán Iglesias e Ada Fernández Pita clasificáronse na eliminatoria sobre 3000 metros en 7º e 12º lugar respectivamente, e xa na final sobre 5000 metros Celia acadou o 17º lugar e Ada o 23º lugar entre as 70 padexeiras clasificadas para a final. No K-1 homes veterán 45-49 anos Antonio Polo Campello, proclamouse Campión de España e o outro Pontés, Ernesto Gancedo finalizou no 24º posto na clasificación final. Con só dúas horas de descanso os padexeiros ponteses volveron a competir no K-2 no que se clasificaron no 3º lugar. Xa na categoría senior K-1 na que tamén participou Antonio Polo, que na eliminatoria do sábado clasificabase no posto 26º e na final do domingo tuvo que conformarse co posto 66º despois de ter un incidente na ciaboga cando ia clasificado entre os 20 primeiros lugares. Na clasificación xeral por clubes acadouse o 55º lugar entre os 113 clubes participantes.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios