Amigus
As Pontes

Resultados do Grupo Xuvenil de Piragüismo no campionato de España

A pasada fin de semana celebrouse en Banyoles (Girona) o Campionato de España de Maratón de Piragüismo, clasificatorio en varias categorías para o Europeo que este ano será en Pontevedra.

A pasada fin de semana celebrouse en Banyoles (Girona) o Campionato de España de Maratón de Piragüismo, clasificatorio en varias categorías para o Europeo que este ano será en Pontevedra.

Os ponteses conseguiron o sexto posto por equipos en veteranos gracias ás victorias de Antonio Polo que fixo doblete, gañando en k1 e en k2 acompañado por Ernesto Gancedo que rematou quinto no k1 por detrás do seu compañeiro José Antonio Menéndez que foi 4, todos na categoría de 40 a 44 anos sobre a distancia de 22,5km.

O junior Carlos Durán quedou ás portas de clasificar para o Europeo tras unha mala saida e protagonizar unha meritoria remontada dende a cola do grupo ata rematar 4 a escasos 30segundos do vencedor.

Tamén participaron por primeira vez nun Nacional de Maratón Miguel Dominguez e Martín García que foron 12 en k2 junior.

Por outra banda o equipo de kayakpolo do Xuvenil desprazouse a Verducido para o segundo torneo da liga galega onde remataron na sexta posición.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios