Resultados do Grupo Xuvenil de Piragüismo nos descensos do Miño en Lugo e o Umia.

Fin de semana de descensos de ríos para os padexeiros do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes.

Fin de semana de descensos de ríos para os padexeiros do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes.

O sábado o equipo realizou o descenso do Miño entre as localidades de Rábade e Lugo, nun percorrido especialmente duro pola falta de auga e as algas que cubrían por tramos a totalidade do río o k2 Junior formado por Martín García e Manuel Fernández conseguiu a victoria na súa categoría, así como Antonio Polo que gañou o k1 veterán por diante incluso de todos os k1 senior que saíran 2 minutos antes que el.

O resto do equipo rematou nos seguintes postos:

Carmela Domínguez 15 muller cadete k1.

Rubén Basanta e Adrián Paz 9º e 16º k1 senior, respectivamente.

Miguel Domínguez e Xosé Guerreiro 15º e 18º k1 junior.

José Antonio Menéndez e Ernesto Gancedo 5º k2 veterano.

O domingo, no descenso do Umia entre Portas e Ribadumia os resultados foron os seguintes:

Antonio Polo volveu vencer en categoría veterano, e na mesma categoría José Antonio Menéndez e Ernesto Gancedo remataron 4º e 9º.

Os junior Miguel Domínguez, Martín García, Manuel Fernández e Xosé Guerreiro acadaron os postos 5º, 6º, 8º e 19º, remantando 3º por equipos na categoría junior home.

E en categoría sénior Ruben Basanta rematou na 12ª posición.

A vindeira fin de semana o Club desprazarase ata Foz para competir na Travesía da ría da localidade.

Gustanos lembrar que toda esta actividade e resultados non serían posibles sen o apoio económico do Concello das Pontes.

Fotos cortesía de Alfredo Bea e María José Maciñeira
Nova cortesía do Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios