RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Abrimos o resumo semanal co sensacional triunfo que nos trouxo onte o equipo alevín desde Ferrol. Na Liguiña de campións onde se enfrontaban os tres campións de Liga, As Pontes (Grupo 1), Galicia de Caranza D (grupo 2) e Portuarios (Grupo 3), os de Rebolo xogaban cos dous “cocos” ferroláns, que tan so cederon un empate en 24 partidos nas súas respectivas Ligas, polas dúas únicas plazas en xogo pra clasificarse pra a disputra do Campionatro Galego. O sensacional Portuarios foi o primeIro en acceder tras gañar en casa (5-2) ó Caranza o mércores, e 1-4 en As Pontes o xoves. Ningunha sorpresa a clasificación do equipo ferrolán, que dará moito que falar no Campionato Galego, sete dos seus xogadorwes foron convocados en algunha ocasión pola selección de Ferrol, e tres deles pola selección galega, o porteiro Kevin Bellas, Miguel Piñeiro e Joel López. Pola última plaza xogaron onte o Caranza e o As Pontes, en terrero visitante. Adiantaronse os ferroláns con 2-0 no marcador, incluso lles valía o empate, pero os azuis remontaron e con dous goles do gran capitán Jorge Saavedra e un de Josiño lograron unha clasificación heroica pra a fase final do Campionato Galego que se sorteará este luns. Asemande tamén se coñecen os emparellamentos da Copa Alevín que comezará o 30 de Abril e rematará o 11 de Xuño. Nin máis nin menos que 39 equipos participarán e distribuiranse en 8 grupos nos que so o campión de cada grupo accederá a rolda de cuartos de final. No grupo 1 Meirás, Numancia, Caranza D, Canido e As Pontes B. No Grupo 4, Rápido de Neda, EFR Racing de Ferrol, Miño, Narón e As Pontes A.
alevin.jpg


O primeiro equipo segue sufrindo e hoxe perderon en Ponteareas nos últimos minutos, 2-1 ante o Cultural Areas. Son undécimos con 39 puntos. A día de hoxe, e cun Pontevedra, Deportivo B, e Montañeros que non rematan de axudarse a si mesmos e ós equipos galegos, o As Pontes está a seis puntos do descenso, con catro xornadas por xogar. Conseguir a victoria a semana que ven ante o Rápido de Bouzas é clave.
Moi ben as rapazas de Salido e Pita que hoxe empataron ante a Milagrosa en Lugo 1-1 e sumando punto a punto como as formigas selaron a súa clasificación para a seguinte fase da Copa. Agora as azuis están líderes con 11, por 9 do Monte Forte, 7 da Milagrosa e 1 do Tordoia. Pero queda un esforzo máis, a pesar da brillante clasificación, hai que tentar empatar cando menos ante as de Monforte para quedar primeiras de grupo e saltar unha fase, o primeiro xoga en oitavos co Bértola e o segundo en dezaseisavos co Choco. Non será doado ante o equipazo monfortino, que ademáis, tendo en conta a máis que presumible victoria da Milagrosa ante o Tordoia, xogarán en As Pontes necesitando o triunfo pois en caso de empate a puntos perden no goal average. Anotou o tanto Lau, que está de dulce e xa suma 19, iguala á capitana Dopico e queda a un de Paty Blanco. Anecdóticamente e facendo honor á historia cabe dicir que a máxima goleadora do As Pontes feminino en partidos oficiais é Chipy, que suma 23 (19 co B e 4 co A). Foi no minuto 25, no 34 empataba Emma. No encontro disputado no campo Luis Gorgoso, árbitrado por Jorge Carballido Vega, Salido e Pita aliñaron a Leti, Yaiza, Mireia (Candela 71´), Jani, Silvia (Alba 67´), Lara, Clara, Noelia, Laura, Carlota e Carliña. Resaltar que a benxamina Mireia non puido rematar o encontro e tiveronlle que dar nove puntos de sutura por unha brecha na cabeza.
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
O Xuvenil B logrou unha meritoria victoria en Narón (2-3), co que a clasificación queda Ánimas 72, Perlío 69, Cedeira 68, estes tres equipos xogaranse as dúas prazas de ascenso, con 63 queda o Narón e con 61 o As Pontes B que dentro de dúas semanas recibe ó Aspirantes para rematar a Liga na casa do San Pedro.
Sensacional o equipo cadete de Iván Rodríguez que gañou 0-2 na casa dun rival directo, o Meirás, 0-2, tantos de Galego e Álvaro. A falta de dúas xornadas para o final o Caranza xa é campión matemático con 64 puntos, segundo o As Pontes con 61, Eume ten 55, O Val 52 e Ortigueira 51. Sen embargo o As Pontes que descansa na última xornada precisa de alomenos un punto no seu seguinte compromiso pra xogar a fase de ascenso, pois o Eume en caso de vencer os dous encontros que lle quedan podería igualar a puntos e ten o goal average a favor (3-1 en As Pontes, 4-0 en Pontedeume). Asi que os cadetes necesitan dentro de dúas semanas todo o apoio do mundo para vencer ó Numancia de Ares, clasificarse e vingar asi o 4-1 da primeira volta en terras aresanas.
O segundo equipo feminino, as máis pequenas de toda a liga, perderon en Valdoviño (onde o ano pasado chegaron como campionas na última xornada) esta mañá co Meirás, 1-0, e nos seus dez encontros suman 4 victorias, por 1 empate e 5 derrotas. Dentro de dúas semanas reciben ó Cariño.
O infantil perdeu 2-0 en Valdoviño ante o Meirás e restalle visitar ó Racing de Ferrol para recibir na última xornada ó Eume. Meirás lidera con 21, Racing de Ferrol e Narón, que loitarán pola segunda plaza de ascenso, teñen 16, con 11 está o Eume, con 6 As Pontes e ainda sen estrear o seu casilleiro O Val.
No que respecta á Copa Benxamín, o A descansou e o B perdeu en Ferrol ante o Galicia de Caranza C por 6-0, co que queda eliminado a falta de tres xornadas. Tentarán afrontar os tres partidos que lle quedan da mellor maneira posible e rematar a tempada con bo sabor de boca.
Outro tanto do mesmo hai que dicir do Prenbenxamín B que no seu primeiro encontro na Copa perdeu 1-16 co Numancia de Ares e xa quedou eliminado, polo que nos tres partidos que lle restan tentarán alomenos lograr o primeiro punto da tempada. Marcou Anxo o tanto da honra de penalti.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Mellor resultado trouxo o Benxamín A de Fene tras gañar 3-6 ó Barallobre, co que aínda teñen posibilidades de clasificarse, pero tras perder co Racing San Pedro na primeira xornada agora deberán gañar os partidos que lle restan ante O Val, EFR Ferrol C e Cedeira B. Marcou tres goles Joan (foto), e un Jandro, Sergio e Eloy.
joan.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios