Amigus
As Pontes

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Grandes noticias nos chegan desde Portonovo onde o CD As Pontes acaba de gañar por 0-1, no duelo de recén ascendidos os de Alberto López acadan 3 puntos vitais co que agora son novenos con 30 puntos. Todo é pouco tendo en conta os tres descensos matemáticos e coa amenaza de Pontevedra e Deportivo B ata o final de temporada. A semana que vén derbi en casa contra o Somozas, que vai in crescendo conforme avanza a temporada.
Peores novas nos chegan desde Vigo coa derrota triste e dolorosa do Xuvenil de Liga Nacional na casa do penúltimo clasificado o Colexio Hogar San Roque que venceu 3-0. Os azuis queixanse das expulsións rigurosas de Juancito e Abeás, dun penalti máis que dubidoso, e da parcial actuación do colexiado. Sen tempo para lamentacións os de Carballo irán a Nigrán a semana que vén a xogar contra o complicado Val Miñor. Por salientar algo positivo, son 13º con 16 puntos, e o Alcázar é colista na División de Honra.
Moito mellor lle foi ó Xuvenil de Liga da Ría que venceu con moito sufrimento en Neda ante o Rápido, 2-3, pero tres puntos ó fin e ó cabo, que é o que conta. Nesta sensacional campaña que estan a realizar marcaron Santalla, Javi e Sergio Criado. Nunha apretada cabeza na que catro equipos están en un punto, lideran a táboa con 39, empatados con un Cedeira que mete medo, o campión de Liga Cadete do ano pasado vén remontando e de feito foi o único conxunto capaz de gañar ós azuis no que vai de Liga. Con 38 están o Perlío e o Ánimas, pero os de Ferrol teñen un partido menos. A semana que vén visita o Poboado o San Sadurniño, non será doado.
Gran semana tamén para o infantil de Marcos Roca, si a semana pasada lles tocou a cruz, desta saiu cara na moeda. Golearon ó terceiro clasificado Galicia de Caranza B, 5-0, e celebraron o empate no duelo de rivalidade entre O Val e o líder Narón (2-2). Agora mesmo son segundos con 32 puntos, a dous do líder adestrado por Iván Leal. Esta fin de semana animarán o Caranza no seu duelo contra os naroneses, mentres os azuis visitan ó Ortigueira. Os tantos foron obra do talentoso Alex Fernández (2), Brais Blanco, Hulk e Iván Jarel.
INFANTIL


INFANTIL
INFANTIL
INFANTIL
INFANTIL
INFANTIL
O mesmo se pode dicir do Alevín A, que á alegría da súa victoria en Ferrol ante o Ánimas, 1-3, sumoulle a da derrota do Eume en Narón (3-2), co que agora son líderes con 33 puntos con 6 de ventaxa (que en realidade deben ser tres virtuiais de consumarse a victoria no partido aprazado dos de Pontedeume ante o Barallobre). Marcaron un Andrés en estado de gracia que fixo doblete e Pedrito. A semana que vén reciben ó Racing San Pedro.
O Alevín B empatou en casa ante Perlío 0-0 nun gran encontro de Malena (foto). Son séptimos con 20 puntos e a semana que vén xogarán en Narón ante O Val.
ALEVIN B
ALEVIN B
ALEVIN B
ALEVIN B
ALEVIN B
ALEVIN B
ALEVIN B
ALEVIN B
Gran triunfo do Benxamín B en Cabanas ante o Xuventude por 0-2. Suman 10 puntos e están na oitava posición. O sábado reciben ó Ánimas.
O Prebenxamín A comezou perdendo pero tres magníficos tantos do goleador Joan (foto) deronlle unha importante victoria ante o Racing San Pedro, cuarto clasificado. Nesta gran temporada que están facendo son quintos con 22 puntos e o sábado que vén xogan en Mugardos contra o Galicia.
Prebenxamín A
Prebenxamín A
Prebenxamín A
Prebenxamín A
Prebenxamín A
Prebenxamín A
Prebenxamín A
Prebenxamín A
Os máis pequeniños do Prebenxamín B perderon 12-1 ante o EFR Ferrol B e o sábado que vén xogarán en casa ante o Galicia de Caranza B.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios