Amigus
As Pontes

SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Derrota do equipo feminino no encontro disputado esta mañá ante o cadro de Monforte de Lemos.
O partido iniciouse co mesmo guión de toda a temporada, a cara negativa, un equipo local con moitas baixas, o lado bo, unha numerosa e nada despreciable guardería, a ilusión das máis pequenas cun banquiño completo e moitas agardando a convocatoria, de seguir asi hai futuro para varios anos. O equipo visitante tamén cumplía a tónica de todo o ano, veterán, ben plantado, moi serio e moi correcto.
Na habitual lista de baixas insustituibles que ten Salido ó longo de toda a temporada, hoxe faltaba a todo terreo Laura e a gran Carlota, pola contra volveu o pulmón do medio campo Lara, que xa estivo en Coruña, e a polivalente Alba entrou na segunda metade tras moitos partidos lesionada.
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2


Pola súa banda as de Monforte chegaban exultantes, e non era para menos, tras 11 vitorias consecutivas das invencibles coruñesas, a semana pasada lograron demostrar que as do Orzán B son de carne e oso empatandolles con moito mérito en Lemos cun espectacular resultado de 5-5, e así, nun primeiro tempo sen moitas ocasións, as máis perigosas corresponderon ás visitantes. No 36´ a mellor xogadora delas, a 10, Peque, meteu un gol propio de Primeira División, no borde da área regatea a Jani a contrapé e marca de forte disparo ó primeiro pau no que nada pode facer Leti.
No segundo tempo as azuis buscaron o empate pero sen moito tino, e salvo alguns intentos lonxanos de Antía, Janira ou Carla non puideron crear grandes ocasións. Igual que o Real Madrid, a azuis e merengues viríalles de perlas un dianteiro nato de referencia. Si tivo boas ocasións o cadro visitante, que tivo tres que naceron nos pes da gran Peque que se encargou de desbaratar brillantemente Leti como puido. Tamén destacar un tiro ó longueiro da visitante Antía no 80´.
No 94´, nun desconto excesivo, chegou a sentencia, tras un córner o balón cae nos pes da capitana Divi, que marcou moi ben de tiro cruzado e sentenciou os tres puntos pra un cadro monfortino que no seu debut está a facer unha sensacional campaña e marchan terceiras con 27 puntos empatadas co Pastoriza. Instantes despois, o colexiado sinalou o final do encontro.
Non se puido gañar a pesar dos intentos a un equipo que foi superior, as azuis son sextas con 19 puntos e a semana que vén xogarán en Arteixo precisamente co complicadísimo Pastoriza.
0 CD AS PONTES. Leti, Yaiza, Silvia, Jani, Mireia (Sabela 83´), Andrea Pita (Antía 58´), Clara, Lara, Chipy (Janira 58´), Lía (Alba 58´), Carliña (Patri Rochela 83´).
2 MONTE FORTE. Andrea, Vanessa, Goretti, María José, Divi, Chester, Antía, Eugenia, Sara (Marta 78´), Peque, Mariam (Uxía 60´).
Goles: 0-1, Peque (36´), 0-2, Divi (94´).
Campo e Incidencias: Campo Anexo do Poboado, Jose. Uns 50 espectadores en mañá moi chuviosa, gran presencia de visitantes.
Árbitro: Alejandro Miño Pico.
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
CD AS PONTES 0 MONTE FORTE 2
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios