TERCEIRA REXIONAL: CD AS PONTES 4 MONFERO 1

Gran e importante triunfo do segundo equipo do CD As Pontes ante o Monfero no partido xogado na tarde de hoxe no Campo de O Poboado correspondente á segunda xornada da segunda volta. Despois de dous empates consecutivos os azuis volven á senda da victoria.
Comezaban o partido adiantandose os locais por medio de Púas. E no 37´ tras un gran cabezazo de Boo o balón rebota nun defensa, caelle nos pés a Fernando que so ten que empurrar o balón para anotar o 2-0.
Anque casi puideron sentenciar os azuis nestes primeiros 45 minutos, no 35´ Púas anota un tanto que é anulado por fora de xogo bastante cuestionable, e a xogada máis clara chegou no 45´ tras un tiro desde fóra da área no que o gardamallas visitante rexeita o balón que vai parar ós pés de Púas, quen, confiado, so, e coa portería baleira mandouna fóra lambendo o pau.
CD AS PONTES 4 MONFERO 1


Por parte visitante destacar un tiro ó poste e unha gran parada de Iván.
Xa no segundo tempo, e coa sorpresa da entrada no campo do gran goleador, o dianteiro aresano de 36 anos, Pedro Sánchez Julián (foto), que militou no As Pontes de Rexional Preferente entre os anos 2005 e 2009, dominaron máis os locais, anque sen grandes ocasións, e o que é o fútbol, despois de 40 minutos, nos últimos 5 marcaronse 3 goles.
Achegaronse no marcador os de Monfero, no 86´, nun gol que recordou ó gol de Nayim na final da Recopa que o Zaragoza gañou ó Arsenal 2-1 en 1995, desde o mesmo sitio do campo, dende a mesma distancia, zapatazo dun xogador visitante a uns 40 metros da portería, Iván consigue desviar in extremis ó longueiro, pero coa mala sorte que o balón vai parar ás botas do instintivo dianteiro visitante quen libre de marca anota e recurta distancias.
Pero pouco lles durou a ledicia porque apenas dous minutos despois Pedro vaise por banda e cede a Púas que marca a placer, e o propio Pedro que non se quería ir sen marcar na súa volta ó campo pontés plantase so diante do porteiro visitante e anota con calma no desconto coa mestría propia do que aínda conserva o seu talento.
Calpita xogou con Iván Parapar, Hugo, Alex Antón, Carlos, Fran, Iván (Amady 78´), Boo, Danilo (Pedro 45´), Fernando, Junior e Púas.
Agora mesmo O CD As Pontes é terceiro con 34 puntos empatado co Galicia de Caranza e a tres do Miño. O cuarto clasificado, a criba do ascenso, agora mesmo é o San Mateo a sete puntos. A semana que vén desprazanse a Ferrol para xogar co Bertón.
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
CD AS PONTES 4 MONFERO 1
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios