Desolados están os afeccionados ponteses co equipo de Terceira División, xa que hoxe perdeu contra un rival directo, o Lalín, por 1-0. Segundo contan as crónicas, os da terra do cocido adiantaronse tras un grave erro dos dous centrais, no que Matelo queda so, e con Simón vendido, regateao e marca a porta baleira. Ademáis hoxe non puido contar o cadro azul con Rochela, sancionado, e trala marcha de Iago a principio de temporada, o equipo pontés afrontou os 38 partidos da Liga con so 3 centrais, que por sorte non se lesionou ningún, e que siga asi. Non obstante Chote e Angeriz están apercibidos por acumulación de cartóns. Dispuxo de dúas ocasións máis o cadro local, e anque no segundo tempo se igualou máis o xogo, o marcador non se moveu e o Lalín, con tres victorias seguidas, conseguiu os puntos suficientes para superar na clasificación a un As Pontes que xa está en descenso directo. Os azuis nos últimos encontros estanse convertindo no clásico alumno ó que os compañeiros lle fan os deberes, asi, por sorte, o resto de rivais de sufrimento, hoxe perderon, e ademáis gañou o Montañeros 2-1 con gran actuación do pontés Dopico, asi que tanto coruñeses como o filial do Celta aínda teñen posibilidades de salvarse na 2ªB. Hai que seguir loitando, e o domingo o As Pontes ten un choque crucial contra a Cultural Areas, no que se espera un cheo no Campo do Poboado, para ver si, por fin, se consigue lograr unha victoria ante un rival que tamén virá a por todas. Semella claro que o descenso, sexan 4,5 ou 6 prazas, será unha loita entre oito equipos, e de momento Negreira e Bergantiños teñen 33 puntos, Estradense 30, Lalín 28, As Pontes 27, Cultural Areas 25, Betanzos e Sanxenxo 23.
Sensacional o equipo feminino que na primeira xornada de Copa venceu ó gran Pastoriza a domicilio por 0-2, tantos de Jani e Clara, o que lle leva a dar un paso adiante cara á súa clasificación para a segunda fase nun grupo composto polas pontesas, Pastoriza, Tordoia e Orzán C, e no que clasifican os dous primeiros. O equipo coruñés do Orzán C visita As Pontes o vindeiro domingo e conseguir os tres puntos resultaría vital ante un cadro que mellorou moitísimo no último treito de Liga. Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
Sen embargo o segundo xuvenil perdeu hoxe á mañá en Mugardos por un contundente 4-0 ante o Galicia. Décimos con 24 puntos reciben a vindeira fin de semana ó Cedeira.
Despediuse da Liga o equipo cadete que agora terá que loitar pola segunda posición, precisamente contra o equipo que lle venceu onte 2-1, o Narón BP. Prácticamente sentencia a Liga o intratable Galicia de Caranza, 33 puntos en 11 partidos, e na segunda posición quedan empatados Narón BP e As Pontes con 27. Precisamente o Caranza visita O Poboado o vindeiro sábado visitando os naroneses o complicado campo do Numancia polo que os ferroláns de sumar os tres puntos poderán cantar o alirón, feito que os ponteses deben tratar de impedir. Gol de Diego Filgueiras.
O As Pontes Infantil volveu á senda da victoria, non sen sufrimento, e gañou a domicilio ó Cebarca por 2-3. Son sextos con 20 puntos, recibindo na vindeira xornada ó Amistade de Meirás. Dous tantos de Vázquez e un de Josiño deron os tres puntos, anque a victoria puido ser maior, pero o virus do fútbol pontés exténdese a tódolos equipos xa que os infantís mandaron 4 balóns ós paus, 3 deles Josiño.
Sensacional o As Pontes Alevín A que venceu ó Amistade de Meirás 2-4, resarcindose do 1-2 da ida que lle custou o liderato e agora adiantan os de Valdoviño na cuarta praza. Eume B 57, Perlío 52, Caranza B 48, As Pontes 45, Amistade de Meirás 43. Por si fora pouco Malena pasou unha nova criba na selección galega de tan só 15 xogadoras, da que falaremos ó longo da semana. Goles de Sergio Otero (foto), que fixo un hat trick, e Alberte.
O Alevín B perdeu 1-2 ante o Galicia de Mugardos. Continuan décimos con 12 puntos. Visitan ó segundo clasificado con 17 victorias por 2 derrotas, EFR Ferrol C. Tanto de Dani Dasilva.
O Benxamín A perdeu 8-2 co segundo clasificado Ortigueira o que os deixa na novena posición con 26 puntos. Este sábado tentarán vencer no Poboado ó Animas B que marcha undécimo con 9 puntos.
Gran victoria do Benxamín B ante o Val B por 4-2, o terceiro triunfo da temporada. Undécimos con 9 puntos, na próxima xornada visitan ó EFR Ferrol B que marcha terceiro. Doblete de Jandro, e un de Joan e Javi.
O Prebenxamín A perdeu 0-1 con un rival directo o Narón BP, como xa acontecera hai dúas semanas contra o Portuarios, o que fai que os do Cadaval ascendan á quinta praza e os azuis baixen ata a séptima con 36 puntos, para un equipo que errou un penalti e desperdiciou moitas ocasións. O próximo sábado visitan ó Cariño.
O Prebenxamín B perdeu 5-0 ante o Barallobre. Duodécimos con 11 puntos reciben ó perigoso segundo clasificado, Rápido de Neda.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.