RESULTADOS DO CD AS PONTES FIN DE SEMANA 10-11 OUTUBRO

O segundo equipo pontés gañou contundentemente en Ortigueira 1-5. Dous goles de Adrián Vilasuso, membro da prolífica xeneración azul do 90 e protagonista dun fito histórico en decembro de 2004 cando ata tres xogadores ponteses foron convocados pola selección galega sub15, Rochela, Carballeira e Vilasuso. Tamén marcaron o central Totti e os adiantados Vicente e Narciso. Á espera da xornada de hoxe o As Pontes é quinto con 14 puntos. Perigoso rival o vindeiro fin de semana, o Cariño, recén descendido de Primeira Autonómica.
Triste empate do As Pontes Cadete en Valdoviño, 1-1 (David Rey), no que segundo contan as crónicas, o Meirás chegou unha vez e meteu un gol namentres que os azuis desperdiciaron moitas ocasións e polo tanto o gran beneficiado foi O Val, que ten 23 puntos e está a dous pasos de xogar a final. As Pontes e Meirás teñen 21. De todas formas o Meirás-O Valñ da última xornada antoxase decisivo. No outro grupo o Caranza so necesita un punto para garantizarse a súa presenza na finalísima.
Tanto cadetes como infantís son vitimas dun cuestionable formato de copa, os cativos xogan durante semanas moitos de partidos nunha liguiña onde a maioría dos equipos xa quedan descolgados ás primeiras de cambio, polo tanto quedan sen opcións prácticamente dende o principio, sen embargo, a fase final, que é a máis emocionante e a que decide o torneo, consta de final directa que so xogan os campións de cada grupo, sen cuartos de final, nin tan sequera semifinais.
Asi o infantil de Iván Rodríguez que está a facer un sensacional torneo copeiro, tivo a desgracia de cruzarse co Racing de Ferrol, que é doutra galaxia, os azuis suman todos os encontros por vitorias, igual que o Racing de Ferrol, agás o empate entre ambos 4-4 no Poboado, pero a falta de dúas xornadas os verdes suman +62 por +54 dos ponteses. Os dous teñen 25 puntos por 24 do Eume que está ó acecho. No Ferrol-Eume do vindeiro sábado vaise decidir gran parte do futuro deste grupo. Nesta xornada o As Pontes goleou 9-1 ó San Sadurniño, tres de Josiño, foto, dous de Sergio Otero, e un de Adrián, Criado, Ayrton e Andrés. Quedalle visitar ó Galicia de Mugardos e recibir á Cultural Maniños, non serán doados.
infantil_0001.jpg


infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
No duelo de rivalidade Alevín, As Pontes A gañou 6-0 a As Pontes B, dous de Mateo, Chema, Jorge e Dani Dasilva. O A situase cuarto con 17 puntos mentres que o B segue penúltimo con tres. A vindeira semana o primeiro equipo visita ó Val B mentres que o segundo recibe ó Xuventude de Cabanas que aínda non sumou ningún punto e terán unha boa oportunidade para sumar algo positivo.
alevin_a.jpg
alevin_b.jpg
Os Benxamíns e Prebenxamíns acabaron este sábado as súas Ligas, anque a estes últimos aínda lles faltan dúas xornadas, nun curioso formato-criba no que os tres primeiros xogarán a Liga A, os 4º, 5º e 6º de cada grupo xogarán a Liga B, mentres que os clasificados 7º, 8º e 9º xogarán a Liga C.
O Benxamín A perdeu 3-5 co Val, acaba sexto con 9 puntos e polo tanto xogará o Grupo B. Marcaron Joan (2) e Javi.
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
O Benxamín B perdeu 2-1 ante o Galicia de Caranza D, tanto de Isma. Finalizan novenos con 3 puntos e polo tanto acceden ó Grupo C.
O Prebenxamín A, como diciamos, aínda non concluiu a competición, a súa Liga é de 10 equipos e neste caso clasificanse os catro primeiros para o grupo A, e asi venceron 0-9 en Cedeira, póker de goles para Alex Montero, 4, Anxo Rey (2), Martín, Cendán e un en propia meta. Quedalles recibir a Portuarios e visitar ó San Sadurniño, pero terceiros con 15 puntos, apenas con sumar un empate máis xa estarían clasificados para desputar o Grupo A, o dos equipos máis competitivos.
O Prebenxamín B perdeu 2-5 con Racing San Pedro B, dous tantos de David Carballo, o vástago do adestrador do equipo xuvenil. Son quintos con 9 puntos e tamén a falta de dúas xornadas teñen un pe no Grupo B pois a semana que vén visitan ó colista Caranza C e a última descansan, pero de sacar un resultado positivo en Ferrol teñen moitas papeletas para quedar entre os seis primeiros.
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
No tocante á competición alevín o formato vai ser máis compricado pois aínda quedan varias xornadas, e hai tantos equipos en cada Liga que na seguinte fase faranse catro grupos, A, B, C e D en función dos postos, pero como dicimos aquí o asunto é máis complexo pois ó grupo A tamén pasa o mellor cuarto e ó grupo B ós dous mellores séptimos. En vindeiras xornadas irase descifrando.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios