REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 4 FLAVIA 2

Dous goles do xogador da selección galega de afeccionados Bossa danlle tres puntos vitais ó As Pontes antes de visitar ó segundo clasificado, Dorneda, o vindeiro martes. A pesar do abultado do marcador tocou sufrir, xa que a pesar de que Parada adiantaba cedo ós locais, rápidamente empataban os de Padrón, que incluso se puxeron por diante na segunda metade pero Pablo poucos minutos despois encargabase de situar a igualdade no marcador cun gran disparo dende fora da área. Os azuis dominaron a segunda metade, boa ocasión para Parada no 70´, pero o gol non chegaba, e cando parecía que o marcador ía quedar en taboas, un lanzamento maxistral de falta de Bossa no 89´ poñía en ventaxa ó As Pontes e apenas un minuto máis tarde o mesmo xogador sentenciaba o partido con outro gol rematando a placer.
futbol_-01.jpg


4 CD As Pontes. Marcos, Rivas, Jorge, Chote, Brais, Pablo, Iván González, Carballeira (Bam Bam 86´), Jorge Parada, Bossa, Álvaro (Dani 62´).
2 Flavia. Diego Perol, Tebi, Tino (Esperón 90´), Roberto, Alfonso, Ges (Bolaño 75´), Saro (Diego 55´), Banana (Ramón 64´), Jorge Martínez, Rivas, Moncho (Pereira 62´).
Árbitro. Castiñeira Blanco (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Del Río Amor e Pérez Montouto. Amosou cartóns amárelos a Jorge, Tino, Roberto, Alfonso.
Campo e incidencias. Campo de O Poboado, uns 150 espectadores en mañá nubrada. Estivo nas gradas Juan Luis Amigo Ferreiro “Juanito” (foto), ex xogador de Deportivo, Compostela, Racing de Ferrol, Betis, Mérida, Levante, Toledo, e actualmente ós seus 39 anos no Narón.
Goles: 1-0, Parada (8´), 1-1, Saro (10´), 1-2, Rivas (55´), 2-2, Pablo (58´), 3-2, Bossa (89´), 4-2, Bossa (90´).
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
futbol_-01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios