SAN CRISTOVO DO VILAR

Os antigos veciños do que antano foran varias aldeas do norte da parroquia da Vilavella, hoxe desaparecidas, reuníronse este domingo na Esfarrapa, unha aldea que é un das incongruencias administrativas da Galicia rural, pois un sinxelo camiño, hoxe asfaltado, di que uns son das Pontes e os de enfronte das Somozas. Alí hai uns trinta anos foi construída a nova capela de San Cristovo. Esta ermida, antigamente situada no Vilar do Meidelo, celebraba dende moi antigo as súas festas na honra deste santo, que tiveron moita sona nos anos cincuenta e sesenta do século pasado. ¿Quen non se lembra de algún ano ir primeiro ó Vilar, logo ó Paraño e despois rematar nas festas de Vilalba?. De seguro, que máis dalgún.
San Cristovo do Vilar


No alto da Esfarrapa, no linde con Somozas, xuntáronse esta fin de semana preto de medio milleiro de persoas, moitas máis das previstas pola organización nunha xornada na que houbo festa, troula, misa, procesión, xantar e o máis importante, a xuntanza de moitos vellos veciños duns lugares que para todos xa están na memoria, pois o progreso fixo que desapareceran para sempre A Cartilida, O Casaldaboa, A Casalonga, O Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, O Outeiro, A Picheira, O Ribeirón e O Vilar.
Lembraron vellos tempos nos que a amizade e a solidariedade tiña moita máis importancia ca hoxe. Vidos das Pontes, de Ferrolterra, da Coruña, de Sada, de Pontevedra e incluso de Andalucía os asistentes gozaron dunha excelente xornada de auténtico verán e da música dos Suplentes e Aguazul.
Sen dúbida algunha foi unha xornada festiva e tamén emotiva, pois os organizadores tiveron a bonita idea de homenaxear a varias persoas do lugar. Ramón Castro Fernández, nado no Vilar e a piques de cumprir os 100 anos, foi o primeiro en recibir o recoñecemento dos amigos e veciños de sempre como uns meses antes o fixera o concello pontés. Ramón, como moitos da súa época, emigrou cara Cuba na procura dunha vida mellor, onde traballou moito e duro. Voltou a Galicia en 1960 para o seu Vilar natal e despois foi a traballar a Ferrol. Non esqueceu a súa vivencia en Cuba e alí volveu en varias ocasións para, nos derradeiros anos, vivir nas Pontes e lembrar a súa historia coa súa familia máis achegada. Outro dos homenaxeados foi un neno nado hai uns días no lugar de Reboredo que vai recibir o nome de Martín.
José Mª Barro Jarel, veciño do lugar da Carballeira, foi outro dos homenaxeados nesta xornada de confraternidade. Este home de 84 anos tamén emigrou a América, neste caso á Arxentina. Volveu á súa terra onde viviu varios anos xunto a súa dona. Hoxe, viúvo e cos seus fillos na Arxentina, retorna ó país suramericano sabendo que aquí deixa a nostalxia dunha vida e o recoñecemento dos veciños e amigos do San Cristovo do Vilar. Todos, cunha contida emoción, desexáronlle unha boa travesía atlántica e un pronto retorno a esta terra pontesa.
Finalmente a organización quixo lembrar a un persoeiro moi querido nesta comarca, Pepe Pita, o que durante moitos anos fora a voz das orquestras Alegría, Bellas López, Mallo e Príncipes. Despois da súa etapa musical trasladouse a vivir a Sevilla para montar un negocio. Hoxe en día comparte a súa vivencia entre a cidade andaluza e Santa Marta de Babío e este día expresou o seu desexo de asistir unha vez máis a este San Cristovo ó que el veu tantas veces como músico na súa xuventude. A pesar dos anos, 82 ben levados, quixo agradecer esta homenaxe cantando “a capella” a coñecida canción “Las mañanitas del rey David”. Sen lugar a dúbidas, tamén un bonito e merecido homenaxe.
Coa promesa de volver o vindeiro ano e antes do xantar, os presentes cantaron o que oficializaron como o himno de San Cristovo do Vilar, con música da popular canción “O pirim pim pim” e unha letra que fai referencia ós distintos lugares deste recuncho pontés.
A Esfarrapa (As Pontes), 7 de setembro de 2009 (AF)
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar
San Cristovo do Vilar

También podría gustarte
Comentarios