Amigus
As Pontes

SEGUNDA B. O ESTEO FS 1 – ADAMO XOVE FS 2

Derrota do equipo pontés ante o cadro da Mariña

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Triste derrota do Esteo ante un dos gallitos da categoría nos derradeiros minutos no encontro desputado na tarde deste sábado no Pavillón Municipal.

Un equipo pontés moi renovado, xa sen lendas como Jhony ou Héctor, recibía ao cadro de Xove, con ex de Primeira División como Iago Míguez ou Edu Saavedra, tamén Renato, Christian ou Sergio, non sendo da partida neste encontro o gran Matamoros.

Adiantáronse os locais ao borde dos descanso por medio do capitán Troncho pero nos derradeiros instantes do segundo período os da Mariña remontaron con tantos de Antón Couto e o goleador Manu Jiménez.

Os ponteses, que caeron no primeiro encontro ante o San Cristóbal 6-2, buscarán estrear o seu casilleiro de puntos na súa próxima visita ao Ribeira lucense na terceira xornada.

O ESTEO FS. Regueira, Naveira, Jandro, Troncho, Matos – Asier, Cokito, Lukas, Costi, Adrián, Juan.

ADAMO XOVE FS. Edu, Iago, Antón, Renato, Christian Chao – Marcos, Manu, Gabriel, Christian, Sergio, Rafael.

GOLES. 1-0, Troncho (19´). 1-1, Antón Couto (37´), 1-2, Manu Jiménez (39´).

Incidencias. Amarelas a Costi, Adrián, Naveira, Lukas, Regueira, Iago, Sergio, Edu. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios