Os ponteses descansaron a pasada semana e nesta reciben ó colista
O Fendetestas pontés de Rugby recibe este sábado ó Barbanza no Campo Monte Medulio ás 16:00.
Os ponteses descansaron a pasada xornada e son terceiros con 14 puntos, tendo por diante a Santiago (15) e Crat B (19).
Os verdes venceron a Zalaeta (38-19), Universidade de Vigo B (26-17), e Santiago (3-23), perdendo ante o CU Ourense B (35-19).
O cadro do Barbanza, que se estrea na categoría, leva cinco derrotas en outros tantos encontros, se ben, vanlle tomando o pulso á categoría, e cada vez os seus marcadores son máis recurtados.
SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (6ª Xornada)
CR FENDETESTAS – BARBANZA RC
Sábado 3 – Decembro – 2016 (16:00h)
Campo Monte Medulio
Nova cortesía de Xose Ferreiro