O equipo pontés de rugbi xoga este domingo ás 12:30 no Monte Medulio contra o conxunto olívico na terceira xornada da Segunda Territorial Galega.
Tras gañar na primeira xornada 38-19 ó Zalaeta de Arteixo, e perder 35-19 co Universidade de Ourense B, os verdes reciben ó Universidade de Vigo B.
Os vigueses descansaron na primeira fecha e na segunda perderon 22-31 co Santiago, equipo que lidera a táboa.
SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (3ª Xornada)
CR FENDETESTAS – KALEIDO UNIVERSIDADE DE VIGO B
Domingo 6 – Novembro – 2016 (12:30h)
Campo Monte Medulio
Nova cortesía de Xose Ferreiro