SEGUNDA AUTONÓMICA CADETE: CD AS PONTES – GALICIA MUGARDOS (2-1)

Traballada vitoria do conxunto cadete do As Pontes ante o Galicia de Mugardos con resultado final de dous goles a un a prol do cadro azul. Os ponteses non comezaron ben o encontro deixando o dominio ós visitantes, que se adiantaron no marcador ós vinte minutos do partido, logo dun despiste da defensa local, resultado co que se chegou ó descanso.
Na segunda parte os ponteses centráronse máis no partido e ós cinco minutos igualaron o marcador por mediación de Tini e cinco minutos máis tarde Lucho lograba o segundo tanto local. A partir de aí ocasións para un e outro equipo, pero o marcador non se movería.
Tres importantes puntos para o As Pontes, que continúa na segunda posición a tres puntos do Galicia de Caranza, equipo que gañou nesta xornada ó Meirás (4-1). Momentaneamente os dous conxuntos ocupan os dous postos que dan dereito á fase de ascenso á liga galega.
Polo As Pontes xogaron de principio Ángel, Esteban, Diego, Álvaro, Gonza, Queco, Tini, Alberto, Lucho, Galego e Adrián. Na segunda parte entraron Pablo, Capela, Rooney, Aldrey e Diego Picos. Polémica arbitraxe do colexiado ferrolán Juan Carlos García García, que expulsou a dous xogadores, un por cada equipo.
cadete_01.jpg


cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios