SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA FEMIMINA: C.D. AS PONTES – C.D. RÚA (6-0)

Por fin debutou na tarde do sábado o equipo feminino, a semana pasada non puido ser pola retirada do Silleda e onte semellaba que tampouco acontecería o debut, xa que o colexiado pensou que o encontro se xogaba o domingo, e polo tanto, non se presentou. Por sorte desde Pontedeume chegou outro árbitro, comezando o partido cunha hora de retraso.
No tocante ó encontro, o As Pontes sentenciou en apenas oito minutos máxicos nos que meteu catro goles. Xa avisou Yaiza ós 10 minutos pero a porteira visitante Patricia fixo un paradón.
Pero no 15´ Carlota abría a lata, nun balón en profundidade no que a porteira, unha defensa e a extremo azul van a polo coiro, despois dun rexeite, este queda morto e franco para que Carlota marque a pracer aínda que con pouco ángulo o 1-0. Apenas cinco minutos máis tarde a 10 azul sacou da chistera a súa maxia, e nun centro chut cun toque sutil colou o balón polo escuadro poñendo o segundo no marcador. Dous minutos máis tarde Lau queda soa ante Patricia e batea por baixo na súa saída. E un minuto despois nun balón disputado dentro da área visitante Ángela despexa o balón coa man cando ía a entrar e o colexiado decreta penalti e expulsión. Pena máxima que lanzou Carla por dúas veces, tivo que repetir o primeiro lanzamento por invasión, e as dúas veces o marcou axustado.
feminino_0001.jpg


A partir de aí acabouse o encontro, no resto dos minutos salientar preto do descanso unha xogada na que Noelia salva o gol baixo paus, e na segunda metade son dúas defensas amarelas as que salvan o gol nun par de ocasións.
Nos segundos 45 minutos as visitantes a pesar de xogar con 10 achegáronse con certo perigo, pero nestas cousas que so pasan no deporte, cando todo semellaba a que o marcador non se movería nin volvendo a xogar outros 90 minutos, en apenas dous o As Pontes marcou dous tantos e redondeou a goleada con unha Carlota pletórica que firmou un póker no comezo de Liga e con estes catro tantos xa suma 34 como máximo goleadora do equipo feminino seguida polos 23 da gran Lau.
O 5-0 no 89´ tras un pase en profundidade da pequena e prometedora Paula, Carlota avanza, regatea á rival e pica maxistralmente ante a saída de Patricia entrando o balón mansamente e firmando un gol digno de Primeira División. Un minuto máis tarde a ocasión foi de Lía, pero o seu tiro marchou desviado por pouco, pero a extremo azul antes de que marchara o balón por liña de fondo, e chegando desde atrás, marcou o 6-0 definitivo a pracer.
O equipo azul visitará a semana que ven ó Pastoriza. Debutaron co equipo de Salido, Sara, Vanesa, Sheila e Paula, aínda que esta última xa xogara uns minutiños o ano pasado.
CD As Pontes 6: Leti, Yaiza (Patri Rochela 59´), Silvia (Vanesa 66´), Mireia, Andrea Pita, Carla, Sara (Lía 59´) , Patri Dopico (Sheila 66´), Noelia, Carlota e Lau (Paula 45´).
CD Rúa 0: Patricia, Alba Allegue, Vera, Vanessa, Ariana, Celina, Sabela, Ana Belén, Alba Quiroga, Samantha, Vanesa Pérez, Ángela, Peque e Carlota.
Goles: 1-0, Carlota (15´), 2-0, Carlota (20´), 3-0, Lau (22´), 4-0, Carla, de penalti (23´). 5-0, Carlota (89´), 6-0, Carlota (90´).
Campo e incidencias: Campo Anexo de O Poboado. Uns 100 espectadores en tarde soleada. Partido correspondente á segunda xornada de Liga.
Árbitro: Expulsou con vermella directa á visitante Ángela no minuto 23´.
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios