TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 4 BETANZOS CF 2

Sufrido triunfo con remontada incluida do As Pontes ante un Betanzos que acabou o encontro con oito xogadores.
O As Pontes afrontou o encontro con so 13 xogadores do primeiro plantel e comezou o partido cun penalti, nunha xogada que semellaba máis falta do dianteiro visitante que da defensa local, o colexiado sinalou pena máxima a prol dos vermellos que non desaproveitou o killer Felipe no minuto 8´.
Un centro chut de Marcos no 20´desviao a córner in extremis Kiko e puido empatar Eloy no 24´ pero o seu zapatazo desviao Diego co corpo. Apenas un par de minutos máis tarde, un mal pase fácil dende a defensa e interceptado polo Betanzos, Javi Otero queda so, manda o poste, e Peloto chegando so dende atrás marca a placer nun despiste que tanto lle costa ó equipo azul.
aspontes-betanzos_001.jpg


O partido poñíase moi costa arriba, e o peor de todo, ante un presumible rival directo, pero tras unha falta ó borde da área que lanza Bossa, Jacobo despexa coa man, o colexiado sinala penalti e expulsao, e o vivariense marca dende o punto de penalti o seu terceiro gol na temporada dende os once metros.
Nano en posición franca, de cabeza, manda fora (36´), e Felipe outra vez so de cabeza marca no 42´ pero o colexiado sinala fora de xogo.
Antes de chegar ó descanso o colexiado expulsou precisamente ó gran dianteiro Felipe moi rigurosamente por dobre cartón amarelo.
Os azuis desperdiciaron os primeiros quince minutos xogando contra dous homes menos pois co Betanzos agazapado apenas chegaban ocasións e non había bos centros dende as bandas. Arriscou Manolo García sacando a un dianteiro por un defensa e no 65´ Eloy empata, prantase so ante Diego, pica o balón que acaba entrando con suspense pois case o alcanza un defensa antes de que cruce a liña.
Faltando 15 minutos produxose o instante máis polémico do encontro, no que o colexiado expulsou ó delegado e adestrador visitantes, pero este negouse abandonar o campo tendo que intervir a Guardia Civil, retrasandose a reanudación 6 minutos.
No 83´ Sergio Arias controla e marca dun trallazo ante o que Diego non pode facer nada situando o 3-2. Puido respirar o As Pontes no 86´, a un metro da portería Domínguez queda so pero o seu tiro é moi frouxo e salva Michi sobre a mesma liña de gol.
Houbo que sufrir porque o Betanzos achegabase con certo perigo. No 91´ expulsión de Moncho por dobre amonestación e no 93´ nun contragolpe iniciado por Cañizares, Amado que reaparecía regatea o porteiro e Eloy chegando dende atrás e dende fora da área marca o gol da sentencia.
Anque non se rendiron os da terra do repolo e no 94´Javi Otero cabeceou ó poste.
En definitiva tres sufridísimos puntos pra os azuis, que suman 6 puntos e restanlle 34 finais por diante. Dúas etapas pirenaicas lle agardan ós de Manolo García, visitar ó Deportivo B e recibir ó Rápido de Bouzas.
4 CD AS PONTES. Kiko, Rochela, Nano, Chote (Javi 59´), Pablo López (Dani 67´), Dieguito (David Amado 85´), Arias, Bossa, Eloy, Cañi, Pablo Domínguez.
2 BETANZOS CF. Diego López, Moncho, Jacobo, Angeriz (Botana 75´), César, Michi, Marcos (Rebollo 54´), Javi Otero, Felipe, Peloto (Álvaro 68´), Kata.
Árbitro: Rubén Extremadura (Vigo). Auxiliado por Vázquez Martínez e Castro Martínez. Expulsou con vermella directa a Jacobo (32´), e por dobre amonestación a Felipe (45´) e Moncho (91´). Tamén expulsou ó adestrador e delegado visitante. Amarelas a Nano, Bossa, Diego López, Angeriz, César e Marcos.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Máis de 200 espectadores en tarde soleada, presencia visitante.
Goles: 0-1, Felipe, de penalti (8´), 0-2, Peloto (26´), 1-2, Bossa, de penalti (32´). 2-2, Eloy (65´), 3-2, Sergio Arias (83´), 4-2, Eloy (93´).
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
aspontes-betanzos_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios