Mal partido do Esteo nun encontro de vital importancia para a permanencia na categoría e no que perdeu dous puntos ante un rival directo que lle complican a salvación pois visitan ó imbatible Cidade de Narón na vindeira xornada e despois descansan.
Nada máis comezar o partido adiantáronse os visitantes, pero inmediatamente respondeu Fran. Mediado o primeiro tempo dous goles de Rubi e entremedias, un de Corzo situaban o 3-2 co que se chegou ó descanso.
Ó pouco de iniciarse o segundo período, grave erro de Choto, nun balón despexado polos visitantes, con case todos os xogadores en campo contrario, colle un balón manso coas mans fora da área sendo expulsado con vermella directa.
Xogou en inferioridade o Esteo e acabou empatando Óscar. Puxeron o listón moi alto as colexiadas, pois posteriormente houbo senllas infraccións, unha de Ito, ou unha entrada de Jesús por detrás, que foron sancionadas con tarxeta amarela.
Foi máis a pola vitoria o Esteo, pero errou contras en superioridade, aínda que tamén nos últimos minutos houbo algunha xogada na que os visitantes quedaron sós. Así que ó final os dous equipos deron por bo o empate.
Tras este resultado, o Esteo segue na oitava posición, pero os equipos de abaixo acurtan diferenzas e o posto de descenso está tan só a tres puntos, polo que os resultados das vindeiras xornadas van a decidir moito nesta liga de tan só trece equipos en canto ós postos de descenso.
FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Rober, Héctor, Rubi, Fran, Pelu cinco inicial- Pelu, Gerveno, Gerveno, Pelu, Bolli e Ito.
PIZARRAS TC: Borja, Bruno, Jesús, Santi, Óscar cinco inicial- Delin, Corzo, Jairo e Maelo.
GOLES: Min 3 (0-1), Bruno. Min. 4 (1-1), Fran. Min 11 (2-1), Rubi. Min 12 (2-2), Corzo. Min 11 (3-2), Rubi. Min. 5 (3-3), Óscar.
ÁRBITRAS: Regular arbitraxe de Raquel Manteiga, Beatriz Remeseiro e Berta García (mesa), da Coruña. Expulsaron con rigorosa vermella directa ó meta local Chotto e amosaron tarxetas amarelas a Gerveno, Héctor e Ito, do Esteo; e a Delín, Bruno, Jesús e Óscar, do Pizarras TC.
INCIDENCIAS: Partido da Segunda División B correspondente á décimo quinta xornada de liga disputado no pavillón municipal da Fraga ante unha frouxa entrada de afeccionados, apenas uns cen seguidores nas gradas.
Nova cortesía de A.F.