A doce segundos do final do partido o Esteo perdeu un punto na súa saída ó Barco de Valdeorras ó caer ante o Pizarras Tres Cuñados por dous goles a un, nun encontro que o conxunto pontés dominou na primeira metade, pero sen fortuna de cara ó gol, pese a contar con varias ocasións. Tampouco os locais foron capaces de materializar a súas opcións, chegándose ó descanso co empate inicial de cero goles. Ós once minutos do segundo tempo adiantábanse os do Barco de Valdeorras por mediación de David, empatando o choque catorce segundos despois Rober Paz. Estes segundos vinte minutos foron máis igualados e o definitivo 2-1 chegou a falta de doce segundos para o remate do encontro, un tanto que foi un xerro de auga fría para os ponteses, xa que mereceron cando menos o empate. Unha derrota que é a primeira do presente campionato e a primeira contra os valdeorreses, pois nos anteriores enfrontamentos o Esteo venceu en tres partidos empatando un no Barco de Valdeorras.
Despois de dúas xornadas disputadas comparten o liderato Noia e Universidad de Valladolid, con pleno de vitorias. Despois hai sete equipos con tres puntos, ocupando a sexta praza o Esteo.
Na vindeira xornada choque de rivalidade no pavillón da Fraga entre o conxunto pontés e o Cidade de Narón, que nesta xornada venceu ó Zamora por 5-2.
FICHA DO PARTIDO
PIZARRAS TRES CUÑADOS FS: Maelo, Jesús, Mule, Corzo, Bruno cinco inicial- Delfin, Jairo, David, Marco e Maky.
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Fran, Héctor, Rubi cinco inicial- Rober Paz, Pelu, Diego Pellón e Gerveno.
ÁRBITROS: Eduardo Corral Martínz, Pablo Fernández Becerra e Lucía Darriba Villamor (mesa), da delegación de Lugo. Tarxetas amarelas ós locais Jesús, Bruno e Jairo e a Fran, do Esteo.
GOLES: Min. 31 (1-0), David. Min. 3114 (1-1), Rober Paz. Min. 3948 (3-0), Delfin.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda xornada de liga de Segunda División B disputado o pasado sábado no pavillón municipal de Calabagueiros, do Barco de Valdeorras, que rexistrou unha afluencia de afeccionados.
O ESTEO XUVENIL
O Esteo xuvenil comezou a competición da liga nacional empatando en Vilalba a seis goles logo de realizar un bo partido, que gañaba por 4-6 a falta de catro minutos para o final. Na vindeira xornada reciben a visita do Burela, un dos candidatos ó título. Na pasada campaña quedou de segundo, a dous puntos do campión, o Azkar Lugo. O Esteo quedou na sétima posición.
Sinalar que o pasado venres un grupo de xogadores dos equipos de base do Club pontés viaxou ata Lugo para presenciar en directo o choque de rivalidade da Primeira División entre o Azkar e o Burela, encontro que rematou con empate a tres goles.
Nova cortesía A.F.