SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 0 SAN SADURNIÑO CF 3
Pobre imaxe a ofrecida hoxe polo segundo equipo pontés no reinicio das competicións ligueiras tralo parón de Nadal.
Mala impresión de cara a intentar a salvación a que causou o filial, preocupante tendo en conta que falta toda a segunda volta por diante.
O CD As Pontes, como clube en si, rematou o 2011 sufrindo e comeza o 2012 do mesmo xeito, algo que parece vir impreso no carnet de socio.
Os visitantes, que apenas estaban dous puntos por riba dos azuis marcaron tres goles e puideron ser máis pois aparte das anotacións tiveron 3 ou 4 oportunidades moi claras. Polos locais, co partido xa sentenciado, apenas un par de chegadas con perigo, nun encontro no que había baixas importantes como as de Criado, Junior, Fernando, Carlos … por non botar de menos a Pedro, que por outra parte sería o particular regalo de Reis pra este equipo na segunda volta.
Á espera de que xoguen entre si Rápido de Neda e Somozas B mañá, momentaneamente os de Calpita son cuartos pola cola con 15 puntos. A semana que ven comezan a segunda volta, e necesitan gañar, e xa non so contar co apoio do público senon coas mínimas ausencias posibles.
Tralos dolorosos empates en casa ante o Valdoviño, e sobre todo ante Somozas B e A Capela nos últimos minutos, tres empates nos que fuxiron seis puntos, ós locais non lles queda máis remedio que buscar gañar pra intentar cambiar o rumbo.
Recibirán ó Mandiá, un rival ó que gañaron no debut ligueiro 1-2, pero que meses despois vai de quinto loitando polas prazas de ascenso, pola decimoquinta posición dos azuis.
Xogaron Juan, Xabi Pellón, Alex Antón, Juan Donapetry, Fran, Mourín (Hugo Gegundez 45´), Guille, Danilo (Hugo Cascudo 45´), Moya (Antón 57´), Púas e Borja.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.