Amigus
As Pontes

SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES 2 VILLESTRO 2

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Valioso punto do equipo feminino no seu retorno á competición ligueira.
Hoxe chegaba o Villestro, sexto clasificado cun partido menos e a so seis puntos do liderato, o equipo de Santiago, que se estreou na competición este ano e que vai mellorando a pasos axigantados partido a partido. Despois de golear 17-1 ó Chantada e de permitirse o luxo de empatar a 2-2 na casa do líder Dubra hoxe viñan a polos tres puntos.
cdaspontes_001.jpg


E adiantaronse no marcador 0-1 tras un remate de Sara que desviou levemente a gran central de San Sadurniño Noelia e despistou a Leti. Antes a sacrificada Lau tivo unha boa ocasión, pero foi ó corpo da porteira.
Foi hacia o final da primeira metade cando chegaron os dous goles locais. No 30´ a multiusos da galega Yaiza adiantase á saída da gardamallas e o seu tiro cruzado entra chorando, logrando o empate.
A mesma Yaiza tivo dúas boas aproximacións, ata que ó borde do descanso nun encontronazo coa porteira visitante resultaron as dúas lesionadas sendo sustituidas, máis polo golpe que pola lesión en si, e tivo que saír a gardamallas suplente e Alba Romero.
Para Alba, que empezou a súa carreira no As Pontes de porteira, foi chegar e bicar o santo, pois a gardamallas visitante pesoulle a presión e apenas 30 segundos despois de saír ó campo foi a por un balón, que lle pasou por riba das mans, Alba aproveita e cabecea, e o balón acaba entrando manseniñamente con suspense, co que as azuis se foron ó descanso co 2-1.
O segundo tempo foi un monólogo visitante co equipo local tentando sacudirse a presión, e a defensa e a gran Leti con dobre ración de traballo. Pesou a mellor condición física das visitantes, o parón navideño, e o tiki taka da número 7, 10 e 11 visitantes no medio campo.
Non obstante puido facer dobrete Alba Romero tras saque de córner, pero milagrosamente o balón saiu fora (55´) e non chegou o 3-1.
As do Villestro dominaban e foi a 15 minutos do final cando lograron a merecida igualada, lástima que fora tras unha falta innecesaria e despois de pasearse o balón por toda a defensa local ata que acabou marcando Vane.
A mesma xogadora puido marcar nun tiro cruzado o 2-3 a cinco do final e xa no desconto Raián nun forte disparo dende fóra da área o balón bicou a escadra.
Agradeceu o cadro de Salido o final do encontro, salva un punto, xa suma 28, e a semana que ven descansa, visitando ó colista Silleda o día 22, equipo que ten moito máis calidade de plantel do que indica a clasificación.
CD AS PONTES. Leti, Mireia, Silvia, Jani, Noelia, Clara, Lía (Chipy 45´), Lara (Laura Permuy 73´), Lau, Carla (Patri Dopico 45´ e Andrea Pita 86´) e Yaiza (Alba Romero 44´).
VILLESTRO. Belén (Fani 44´), Marina, Leti, Raián, Patri, Carmen (Mari 70´), Lidia, Ángela, Vane, Sara e Amanda.
Goles: 0-1, Sara (15´), 1-1, Yaiza (30´), 2-1, Alba Romero (45´). 2-2, Vane (75´).
Árbitro: Brais Ferreiro (Ferrol).
Campo e incidencias: Campo anexo Jose. Uns 100 espectadores en mañá fría e soleada. Partido correspondente á 19ª xornada. Antes do comezo do encontro gardouse un minuto de silencio polo falecemento do sogro do ex presidenete do Endesa As Pontes, Jose Manuel “Pepe” Dasilva, e avó da xogadora Carmela Dasilva, e tamén polo falecemento do pai do fútbolista Hugo Soto.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
cdaspontes_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios