Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 1 CD ESTRADENSE 0

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes comezou o ano como o rematou, sufrindo de maneira indecible, i é que non se pode perdoar tanto nin ter tan pouca fortuna. Polo menos nos dous últimos encontros sacaronse seis puntos, e o equipo sale a flote, algo que se deberá refrendar nas vindeiras xornadas.
Estivo moi incisivo Chicho no primeiro tempo, con dúas aproximacións con perigo no 7´ e 13´. Comezou o particular festival de ocasións azuis no 21´, tras un gran pase en profundidade co “guante” de Bossa, Chicho queda so e Pajarillo saca co corpo. Apenas un minuto máis tarde nunha falta lateral botada polo vivariense, rexeita o porteiro, vaille ós pes a Fernando que remata e saca un defensa baixo paus coa cabeza. No 32´tras un corner remata Ángeriz, un disparo que semellaba ir dentro pero que rebota nas costas doutro defensor visitante.
Asi se chegaba ó descanso pero no segundo tempo seguía a mesma tónica, nunha internada de Chicho, Coedo chegando desde atrás remata frouxo (56´), Moncho para Chicho, en boca de gol tanto quere colocar o ferrolán que vai a rentes do pau (63´), Sergio Arias vaise do lateral e cruza demasiado (66´).
Pero tanto vai o cántaro á fonte que no 74´, tras unha falta lateral, prolonga Angeriz de cabeza e Sergio Arias cabecea a gol case sen ángulo, tanto que lle adicou a Hugo Soto levantando a súa camisola co número 9. Segundo gol na tempada pra o “Rooney de Portomarín” que agardemos lle serva pra rematar co seu particular mal fario.
O As Pontes non aproveitou a dinámica do encontro pra intentar sentenciar, encerrouse atrás e sufriu ata o final, unha cesión de Moncho puidolle complicar a vida a Simón (87´), e Amado no desconto casi marca con Pajarillo descolocado. Antes, Chote, no 79´ rematou por alto.
Os azuis conseguen tres puntos vitais ante un rival directo, situanse sextos pola cola, estando o Celta B en promoción de descenso, son cinco descensos en Terceira a día de hoxe. Magoa que o rival máis cercano por enriba sexa o Negreira, 5 puntos por encima, pero aínda quedan 18 partidos e o As Pontes deberá tentar sacar algo positivo da súa visita a Ferrol onde se enfrontará a un dos mellores equipos da categoría, que hoxe fixo un fraco favor tras perder contra o Vilalonga.
Con máis ou menos perigo quedan Somozas 27, Ferrol e Vilalonga 26, Bergantiños, Dorneda e Negreira 25, As Pontes e Estradense 20, Areas 18, Betanzos 15, Lalín 14 e Sanxenxo 11.
aspontes_estradense_0001.jpg


CD As Pontes 1. Simón, Moncho, Chote, Rochela, Fernando, Angeriz, Coedo (David Amado 68´), Bossa, Iván González, Chicho (Dani 79´) e Sergio Arias (Pablo 91´).
CD Estradense 0. Pajarillo, Brais (Martín 82´), Fafu, Manuti, Borja, Vicente, Rico, Unai, Matías (García 70´), Diego Rey (Pablo 70´) e Marcos.
Árbitro: Jose Rodicio González (Vigo) Auxiliado nas bandas por Blanco Losada e Pérez Martínez. Amonestou a Rico por unha forte entrada a Chicho. Tamén ó adestrador local Lemos.
Goles: 1-0, Sergio Arias (74´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, algo máis de 200 espectadores en tarde fría e soleada. Gardouse un minuto de silencio, polo falecemento do pai de Hugo Soto, e tamén polo falecemento do sogro do ex-presidente do Endesa de As Pontes Pepe Dasilva, asimesmo avó da futbolista do equipo feminino Carmela Dasilva.
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
aspontes_estradense_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios