Seleccións galegas en Extremadura

O futbolista pontés Enrique Fornos xogou esta fin de semana coa selección galega en Extremadura na segunda fase do Campionato de España.
Non tivo moita fortuna o cadro galego pois na primeira xornada caeu ante o cadro local. Igual que lle acontecera en terras cántabras, os locais puxeronse 2-0, Galicia recurtou distancias por medio de Raúl, e saíndo a pola vitoria na segunda metade recibiu outros dous tantos para rematar cun inapelable 4-1.
Xa na xornada do sábado, venceron 1-2 á Rioxa, con tantos de Bicho e Brais, polo que o cadro galego acaba o torneo con dúas vitorias e duas derrotas.
Enrique foi titular nos dous encontros. Moi ben a selección galega sub16 que, ás dúas vitouiras sumandas na primeira fase, engadiu un empate ante o cadro local extremeño (0-0) e unha vitoria ante A Rioxa (3-1).
Clasifican para a fase final en Sub16 Cataluña, Andalucía, Extremadura e Galicia e en Sub18 Cataluña, C.Valenciana, Aragón e Extremadura.
extremadura_1.jpg


extremadura_2.jpg
extremadura_3.jpg
extremadura_4.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro
Fotografias cortesia Federación Extremeña de Fútbol

También podría gustarte
Comentarios