SEMIFINAL DA COPA XUNTA DE GALICIA: FENDETESTAS R.C. – PONTEVEDRA R.C. (3-46)
O club pontevedrés gañou con contundencia e enfrontarase na final ó equipo de Vilagarcía
O Fendetestas pontés caeu por 3-46 este domingo á mañá no Campo Monte Medulio ante o Pontevedra RC nas semifinais da Copa Xunta de Galicia.
Tiña moito nivel este último torneo da tempada porque os outros tres equipos presentes nesta rolda, o Pontevedra, cuarto, Os Ingleses, quintos, e Coretti Lalín, sexto, son da Primeira Territorial Galega, sendo o Fendetestas o único representante da segunda categoría.
Na outra semifinal, rotundo triunfo dos Ingleses de Vilagarcía. na casa do Coretti Lalín, por 0-55. Curiosamente, ambos equipos, na Liga, tan só quedaron distanciados por apenas catro puntos máis a prol dos de Vilagarcía, e nos enfrontamentos entre ambos, 10-7 no campo dos Ingleses e 37-3 no Manuel Anxo Cortizo.
Na final enfrontarán o club pontevedrés e o de Vilagarcía. Na competición de liga, 31-5 na cidade do Lérez e 27-17 en Arousa.
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF