O SILVA CONQUISTA A COPA RFEF
O equipo de Chus Cañizares será o representante galego nesta competición
O Silva coruñés conquistou a Copa RFEF a nivel de Galicia tras impoñerse na final ó Alondras por 2-1. No conxunto da Grela, ademáis do pontés Cañizares militan xogadores con pasado azul como Kata ou Callón.
A pesar de que o equipo de Cangas se adiantou pronto por medio do ex xogador pontés Aitor Díaz, un gol de Jacobo antes do descanso e outro de Cardelle preto do final déronlle a copa ó conxunto coruñés na final disputada en Santiago de Compostela.
Chus Cañizares saiu tralo descanso, e o xogador pontés, que debutou na segunda xornada, xa leva dous goles en só tres partidos nun equipo que actualmente marcha terceiro clasificado na Terceira Galega.
Para facerse co título o Silva tivo que desfacerse anteriormente de dous grandes equipos. En cuartos de final gañou 0-2 ó Bergantiños, actual líder da Terceira, e en semifinais 2-1 ó Cerceda, equipo que actualmente xoga na Segunda División B.
Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía Futgal