Fallados os premios do II Concurso de Fotografía Concello da Capela
Unha fotografía do río Sesín resultou premiada con 500 euros.
O Concello da Capela convocóu este certáme co obxectivo de difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural que conforman o Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume, na Capela, así como promover a defensa ambiental e o ecoloxismo.
Este II Concurso de Fotografía contóu có patrocinio da Deputación da Coruña.
O pasado martes 29 de Agosto tivo lugar a valoración das propostas presentadas e a elección das tres fotografías gañadoras. Onte xoves día 14 procedeuse á entrega dos premios sendo o primeiro -500 euros- para Francisco Rodríguez, de Narón, cunha fotografía do río Sesín; o segundo premio, dotado con 300 euros, foi para Paula Gabeiras, da Capela, cunha imaxe da capela de Santa María de Cabalar, e o terceiro premio, de 100 euros, para María Formoso, de Sillobre, cunha fotografía do sendeiro do camino vello en O Pazo.
XURADO:
O xurado estivo formado por Emilio Riobó, concellal en representación do Concello da Capela, Vanesa Cebreiro, fotógrafa afeccionada titulada en laboratorio de imaxe, Ramón Vaamonde, fotógrafo profesional xurado en varios concursos de fotografía e gañador de certames a nivel nacional, David Landrove, fotógrafo profesional xurado en outros concursos, Marisa Rivas, fotógrafa profesional, e Víctor Caneiro, en representación de Eventi, empresa organizadora.
Máis información no Concello da Capela