‘Sólo Linux’ publica reportaxe sobre as ‘I Xornadas de Software Libre na Educación en Galicia’

Lendo agnix.org:
“No nº 8 correspondente a este mes de xaneiro, a revista “Sólo Linux” publica unha reportaxe a toda cor e a dobre páxina das “I Xornadas de Software Libre na Educación en Galicia” que tiveron lugar na E.T.S.E. de Santiago de Compostela os dias 22 e 23 de outubro de 2003.”…


…”O artigo foi escrito polos dous coordinadores do evento: Miguel A. Fernández, presidente do GLUG e Roberto Brenlla, presidente de AGNIX.
O desfase temporal é debido a que as datas de peche editorial adoita se-la primeira semana do mes anterior a súa publicación. O devandito artigo foi enviado antes do 5 de novembro de 2003 para estar nos quioscos en decembro pero, por razóns descoñecidas, a revista non fixo acto de presenza en decembro.
Máis vale tarde ca nunca, non?”
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios