Sta. Icía 2003 empeza a súa rodaxe

A organización de Sta. Icía 2003 empezou onte a súa rodaxe no local de EuroEume. Empezáronse a centra-las datas e as asociacións e/ou agrupacións que participarán nesta celebración.
Aínda que todo está empezando a andar e non hai nada concretado, xa se están empezando a baraxa-las datas do 15 ó 22 de novembro.


Para esta celebración estanse a xuntar varias asociacións culturais e agrupacións co fin de facer unha serie de concertos na semana do 22 de novembro, día de sta. Icía e patroa dos músicos.
Polo momento asistiron a esta primeira xuntanza a AC Alende, a AVV As Campeiras, a Banda de Música, a Rondalla e o Conservatorio, pero coma sempre están tódalas asociacións e/ou agrupacións musicais invitadas a participar. Só teñen que acudir á vindeira xuntanza que terá lugar no local de EuroEume o vindeiro luns ás 20:00 horas ou poñerse en contacto con algunha das asociacións antes indicadas.

También podría gustarte
Comentarios