Sta. Icía 2007: dos máis pequenos

Onte en Dopeso os máis pequenos amosáronos o que están a facer nas súas clases de iniciación á música no Conservatorio. Así foron pasando dende os máis novos (3 e 4 anos) ata os máis maiores (7 anos), cada grupo bailando ou cantando as súas pezas. E ó final todos xuntos fixeron ‘Por se non cho dixen’.
staicia2007.21.jpg
Tedes un álbum de fotos listo para que poidades ver máis fotos de todas as actuacións de Sta. Icía pinchando no ‘Álbum fotográfico’ que tedes á dereita da páxina.
Hoxe teremos en Dopeso ás 19.30 horas a actuación do dúo de percusión Intermission formado por Ignacio Sanz e Pilar García.

También podría gustarte
Comentarios