Sta. Icía 2007: o que pasou o domingo 18

Segundo día de celebracións con dous lugares nos que puidemos escoitar música:
En primeiro lugar, ó saír da Misa das 12.00 na Igrexa Parroquial de Sta. María, estaban esperando ós feligreses No Cómbaro que durante media hora estivo animando o frio que facía na praza.
E pola tarde, ás 17.30 en Dopeso tivemos a Escola de Música Tradicional As Painceiras que coa inestimable axuda de tres rapaciños nos ofreceron cinco pezas máis un regaliño. Seguidamente, e despois dun pequeno retraso debido a que se lles pinchou o tren, apareceron no escenario Os Ponteses cun programa de locura… 15 pezas en algo máis dunha hora de actuación… e din que algún dos compoñentes ten 87 anos….. todo un exemplo a seguir pola marcha e o amor pola música desta xente.
staicia2007.18.jpg

También podría gustarte
Comentarios